Ada lovelace bgr

12
Ada Lovelace Ada Augusta Byron King 10 de decembro de1815 Reino Unido Londres

description

Biografía de Ada Lovelace

Transcript of Ada lovelace bgr

Page 2: Ada lovelace bgr

Ada Augusta Byron King Ada Augusta Byron King (10 de decembro de 1815,

Londres, Reino Unido - 27 de novembro de 1852, Londres, Reino Unido), describiu a máquina analítica de Charles Babbage, actualmente é considerada como a primeira programadora, desde que escribiu a manipulación dos símbolos, de acordo ás normas para unha máquina de Charles Babbage que aínda non fora construída.

Deduciu e previu a capacidade dos computadores para ir máis aló dos simples cálculos de números, mentres que outros, incluído o propio Babbage, centráronse unicamente nestas capacidades.

O seu pai foi o famoso poeta Lord Byron.

Page 3: Ada lovelace bgr

Estudos Seguiu estudos particulares de matemáticas e

ciencias, sendo un dos seus titores Augustus De Morgan, primeiro profesor de matemáticas da Universidade de Londres. Foi autodidacta, en 1833 a súa nai presentoulle a Mary Sommerville, quen foi a súa titora persoal. Cando Ada tiña 17 anos coñeceu sobre o traballo de Charles Babbage durante unha conferencia de Dionysus Lardner celebrada o 5 de xuño de 1833, nese tempo Babbage era Profesor Lucasiano, na Universidade de Cambridge.

Page 4: Ada lovelace bgr

Babbage pasou a ser o seu titor e máis tarde traballaron xuntos, quen estaba moi impresionado co xeito en que ela entendía o seu computador, Ada traballou desde entón con Charles Babbage a quen se lle considera o pai dos computadores, dado que a súa «máquina analítica» funciona baixo os mesmos principios que os computadores actuais.

Page 5: Ada lovelace bgr

Ada Lovelace desenvolveu conceptos tan familiares nunha linguaxe de programación como un conxunto de instrucións que permiten que outras se repitan nun bucle ou subrutina, a relación que levaron por anos fixo que Babbage recoñecese o talento de Ada ao grao de chamarlle "A encantadora de números" (The Enchantress of Numbers).

Page 6: Ada lovelace bgr

Máquina analítica de Charles Babbage

Ada Lovelace é recordada principalmente por escribir unha descrición da antiga máquina analítica de Charles Babbage, tamén desenvolveu instrucións para facer cálculos nunha versión inicial do computador.

Hoxe en día recoñécese a Ada Byron como a primeira persoa en describir unha linguaxe de programación de carácter xeral interpretando as ideas de Babbage, pero recoñecéndoselle a plena autoría e orixinalidade das súas achegues. Ada Byron é a nai da programación informática.

Page 7: Ada lovelace bgr

Ada Lovelace Publicou en 1843 unha serie de influentes notas sobre o computador de Babbage, a súa «máquina analítica» que nunca chegou a construírse, aínda que as asinou coas súas iniciais por medo a ser censurada por ser muller. Ada Byron chamouse a si mesma unha analista, un concepto realmente moderno para a época.

Page 8: Ada lovelace bgr

Programas Ada é a primeira persoa en escribir un

programa para un computador programable, escribiu un "plan" onde describe os pasos que permitirían calcular os valores dos números de Bernoulli, o seu primeiro programa, que utilizaba dous bucles, con isto demostrou a capacidade de bifurcación da máquina de Babbage. Tamén describiu como se podían calcular operacións trigonométricas que contaban con variables utilizando a máquina de Babbage.

Page 9: Ada lovelace bgr

Legado

Suxeriu o uso de tarxetas perforadas como método de entrada de información e instrucións á máquina analítica, ademais introduciu unha notación para escribir programas, iso principalmente baseado no dominio que Ada demostra nas notas que escribe sobre o texto de Luigi Menabrea en 1842, notas por certo máis extensas que o texto mesmo, sobre o funcionamento do tear de Jacquard así como da máquina analítica de Babbage, resalta ademais que ela menciona que nas tarxetas perforadas hai ceros ou estado neutro sendo que as tarxetas representaban para a máquina de Babbage números decimales e non binarios (8 perforacións equivalerían entón a 8 unidades).

Page 10: Ada lovelace bgr

Máquina analítica

Page 11: Ada lovelace bgr

Tarxetas perforadas nun Tear de Jacquard.

Page 12: Ada lovelace bgr

Brais Gutiérrez Rodríguez

3º A