REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª,...

47
REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Transcript of REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª,...

Page 1: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA,

FACENDA E ORZAMENTOS

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Page 2: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de xuño de 2014, ás 10.30 horas, no pazo do Parlamento. A orde do día é a seguinte : Punto 1. Preguntas orais en Comisión 1.1 20901 (09/POC-002958) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Díaz Pérez, Yolanda e Sánchez García, Antón Sobre as previsións do Goberno galego respecto da presentación no

Parlamento de Galicia dun informe xustificativo das causas do baixo nivel de execución orzamentaria dos recursos do Fondo de Compensación Interterritorial desde o ano 2009, así como as medidas que vai implementar para garantir a total execución dos dispoñibles para o exercicio 2014

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 261, do 26.03.2014 1.2 21342 (09/POC-003033) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Puy Fraga, Pedro e 7 máis Sobre os servizos que está a ofrecer na actualidade a Oficina Virtual

Tributaria Publicación da iniciativa, BOPG n.º 266, do 03.04.2014 1.3 21616 (09/POC-003079) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as reclamacións da Axencia Tributaria a persoas que se acolleron á

dación en pagamento da súa vivenda por non poderen afrontar a súa hipoteca

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 269, do 09.04.2014 1.4 22130 (09/POC-003136) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia González Santín, Juan Carlos e 2 máis Sobre as reclamacións da Axencia Tributaria a persoas que se acolleron á

dación en pagamento da súa vivenda por non poderen afrontar a súa hipoteca

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 277, do 23.04.2014

Page 3: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

1.5 22303 (09/POC-003202) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia González Santín, Juan Carlos e 2 máis Sobre as razóns do baixo grao de execución orzamentaria acadado no

exercicio económico de 2013 e as medidas para evitar a súa repetición no exercicio 2014

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 02.05.2014 1.6 22997 (09/POC-003273) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Díaz Pérez, Yolanda e 2 máis Sobre as medidas económicas e laborais que vai implementar o Goberno

galego en relación cos datos da Enquisa de poboación activa do primeiro trimestre de 2014 referidos a Galicia e as actuacións que vai levar a cabo para aumentar a taxa de protección por desemprego, de xeito que se garantan unhas condicións materiais de vida digna ás persoas que non perciben ningunha prestación

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 291, do 15.05.2014 1.7 23203 (09/POC-003298) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da demanda ao Goberno

central da xestión directa polo Goberno galego de todos os fondos europeos que lle corresponden a Galicia

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 294, do 22.05.2014 Punto 2. Dación de conta 2.1 Información do IGAPE

22869 (09/IIGA-000013) Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias Información concesión préstamos Igape no 4º trimestre do 2013 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 290, do 14.05.2014 2.2 Modificacións orzamentarias

21366 (09/MOP-000021) Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias Modificacións orzamentarias decembro 2013 Publicación do informe, BOPG n.º 266, do 03.04.2014

Page 4: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

2.3 Disposición do fondo de continxencia

21729 (09/IDFC-000002) Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias Informe sobre a disposición do fondo de continxencia das sección 5001 e

23 correspondente ao último trimestre de 2013 Publicación do informe, BOPG n.º 269, do 09.04.2014 O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión. Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014

José Antonio Sánchez Bugallo Presidente da Comisión

Page 5: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E

ORZAMENTOSPOR ORDE ALFABÉTICA

Mesa

Vogais

PresidenteJosé Antonio Sánchez Bugallo S

VicepresidentaMaría Isabel García Pacín P

SecretarioMiguel Angel Tellado Filgueira P

Pedro Manuel Arias Veira PXosé Manuel Beiras Torrado AGEJuan Carlos González Santín SCarmen Iglesias Sueiro MFrancisco Xesús Jorquera Caselas BNGJosé Luis Méndez Romeu SMaría del Carmen Pardo López PMaría Herminia Pouso Maneiro PPedro Puy Fraga PMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez PGonzalo Trenor López P

Page 6: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1. Preguntas orais en Comisión

Page 7: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.1 20901(09/POC-002958)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda e Sánchez García, Antón

Sobre as previsións do Goberno galego respecto da

presentación no Parlamento de Galicia dun informe

xustificativo das causas do baixo nivel de execución

orzamentaria dos recursos do Fondo de Compensación

Interterritorial desde o ano 2009, así como as medidas que

vai implementar para garantir a total execución dos

dispoñibles para o exercicio 2014

Publicación da iniciativa, 261, 26.03.2014

Page 8: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

Yolanda Díaz Pérez e Antón Sánchez García, integrantes do Grupo Parlamentar da

Alternativa Galega da Esquerda, ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento

da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na comisión

terceira, relativa ao baixo grao de execución dos recursos do Fondo de Compensación

Interterritorial.

A reiteración dos pésimos dados da execución dos recursos públicos do Fondo de

Compensación Interterritorial (FCI) deixa en evidencia a falla de compromiso coas

necesidades do noso país por parte dos gobernos do PP. O uso neglixente destes

fondos públicos, concebidos para superar os diferenciais de atraso económico, merece

unha reprobación aos gobernos do PP, esixe unha explicación veraz e a depuración das

responsabilidades oportunas e especialmente unha fonda rectificación para aproveitar

as posibilidades completas que ofrecen estes fondos.

Os dados facilitados polo propio ministerio, referidos á execución por comunidades

autónomas volven a situar ao noso país no último posto, ao recoñecer un grao de

execución no fondo de compensación dun 39,2% para o exercicio 2013. Incluso no

fondo complementario, que dispón dunha contía menor, o grao de execución é dos

máis baixos, somentes por riba de Melilla, Extremadura e Cantabria, comunidades

todas elas que manexan un volumen de recursos moito máis reducido.

Os gobernos de Feijóo, do PP, amosan o seu nulo compromiso coa solidariedade por

canto e de maneira recorrente, exercicio orzamentario tras exercicio orzamentario,

dende a súa chegada ao poder político galego acumula un exponencial crecemento da

non execución deses fondos; dende os 6,7 millóns de euros sen executar no 2009 ate

os 30,2 millóns de euros no 2013. A Xunta deixou sen utilizar case 110 millóns de euros

neste lustro. Cantas actuacións quedaron non natas a causa desa neglixencia que hai

que correxir?

Page 9: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Polo sinalado, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda formula a

seguinte pregunta para a súa resposta oral na comisión:

- Vai presentar o goberno galego, nun prazo máximo de tres meses, un informe

xustificativo ao Parlamento Galego das causas do baixo grao de execución

orzamentaria dos fondos do FCI dende o ano 2009?

- Que medidas vai implementar a Xunta de Galicia para garantir un nivel de execución

orzamentaria para este exercicio do 2014 do 100% dos fondos FCI disponibles?

Compostela, 14 de marzo do 2014.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. Antón Sánchez García

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 14/03/2014 10:56:49

Antón Sánchez García na data 14/03/2014 10:56:52

Page 10: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.2 21342(09/POC-003033)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Puy Fraga, Pedro e 7 máis

Sobre os servizos que está a ofrecer na actualidade a Oficina

Virtual Tributaria

Publicación da iniciativa, 266, 03.04.2014

Page 11: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

A Mesa do Parlamento

Pedro Puy Fraga, Pedro M. Arias Veira, Isabel García Pacín, Mª Carmen Pardo López, Herminia Pouso Maneiro, Miguel Tellado Filgueira, Gonzalo Trenor López e Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

O 1 de xaneiro de 2013 iniciou as súas actividades a Axencia Tributaria de Galicia subrogándose nas funcións que ata entón realizaba a extinta Dirección Xeral de Tributos da Consellería de Facenda.

Un dos obxectivos da Axencia Tributaria de Galicia consiste na modificación e adaptación de múltiples procesos e procedementos que apoiándose no uso das novas tecnoloxías e na cooperación interadministrativa, baixo os principios de calidade e de transparencia, impliquen unha redución dos tempos de tramitación e custes, todo elo na procura de facilitar o exercicio dos dereitos da cidadanía.

O uso da e-Administración supón un grande impacto no aforro de custes e na produtividade e transparencia das actividades da Administración Pública.

A Axencia Tributaria de Galicia dispón da Oficina Virtual Tributaria, como ferramenta para pór en práctica a administración electrónica.

Por todo o anterior, os deputados asinantes, formulan a seguinte pregunta oral en comisión:

Qué servizos ofrece na actualidade a Oficina Virtual Tributaria?

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014

Page 12: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 24/03/2014 17:56:09 Pedro Manuel Arias Veira na data 24/03/2014 17:56:25

María Isabel García Pacín na data 24/03/2014 17:56:36 María Carmen Pardo López na data 24/03/2014 17:56:43

Maria Herminia Pouso Maneiro na data 24/03/2014 17:56:55 Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 24/03/2014 17:57:05

Gonzalo Trenor Lopez na data 24/03/2014 17:57:14 Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez na data 24/03/2014 17:57:25

Page 13: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.3 21616(09/POC-003079)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Jorquera Caselas, Francisco

Xesús

Sobre as reclamacións da Axencia Tributaria a persoas que se

acolleron á dación en pagamento da súa vivenda por non

poderen afrontar a súa hipoteca

Publicación da iniciativa, 269, 09.04.2014

Page 14: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Cosme Pombo Rodríguez e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputados do

Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en

Comisión, relativa ás reclamacións da Axencia Tributaria a persoas que se acolleron á dación en

pago.

O Grupo Parlamentar do BNG xa denunciou en varias ocasións que:

-A crise económica e as súas dramáticas consecuencias provocan que moitos

cidadáns do noso país non podan ver garantido na práctica o dereito a unha vivenda

digna.

-Moitas familias están a perder a súa vivenda porque non dispoñen dos recursos

suficientes para facerlle fronte ao pago da mesma.

Lamentabelmente, nos últimos anos cóntanse por miles @s galeg@s afectadas

polos desafiuzamentos que non puideron defender xustamente o dereito fundamental a

unha vivenda.

Para o Grupo Parlamentar do BNG resulta alarmante que a Axencia Tributaria

reclame cantidades desorbitantes a persoas que se viron obrigadas a acudir á dación en

pago da súa vivenda diante da imposibilidade económica de poder seguir pagando a

hipoteca da mesma.

Xa transcenderon varios casos de familias, de Vigo e Santiago, ás que Facenda

reclamou o abono dos correspondentes impostos ao considerar que a dación en pago

supuxo unha “ganancia patrimonial” para estas familias.

Page 15: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

A Axencia Tributaria calcula o importe a demandar, contabilizando a diferenza

entre o prezo da compra da vivenda e o importe da dación en pago, incluído o pago da

débeda, os xuros e gastos de cancelación da hipoteca impagada. Da mesma maneira,

deben afrontar o pago do imposto de plusvalía municipal.

Dende a entrada en vigor da Lei de medidas para reforzar a protección aos

debedores hipotecarios, aprobada para afrontar o grave problema das persoas e familias

que non podían facer frente ao pago das hipotecas contraídas por causa dos graves

problemas económicos, aumentaron as solicitudes de dación en pago.

Entre as esixencias que establece o Goberno para ficar exento do pago de

impostos, está o requisito de que ningún membro da unidade familiar obteña ingresos ou

que a cota hipotecaria sexa superior ao 60% dos ingresos netos obtidos pola familia. Así

mesmo, esíxese que non teñan outros bens ou dereitos patrimoniais, que non se

presentaran avais e que a hipoteca fose concedida para a única vivenda en propiedade do

debedor.

Aos requisitos referidos debemos sumarlle a negativa da maioría das entidades

bancarias a asinar o código de boas prácticas que tamén evitaría o pagar impostos como

os sinalados.

Na área de Vigo, as plataformas de afectados tramitaron durante o pasado ano

máis dunha ducia de solicitudes de dación en pago. Unha cifra que se verá incrementada

dado o panorama económico existente, cunha elevada cifra de desemprego e aumento de

emigración debido á falla de expectativas laborais da poboación.

O grave problema dos desafiuzamentos provocou unha grande mobilización

social que levou ao Goberno a aprobar unha lei de medidas para reforzar a protección

hipotecaria. É innegábel que foi debido á presión social, a pesares da negativa do

Page 16: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Goberno a aceptar a ILP que pedía unha modificación da lexislación en materia

hipotecaria para contemplar a dación en pago.

Estamos diante dun drama social que xerou unha grande simpatía entre a

cidadanía. Non poder pagar unha hipoteca por falla de recursos económicos, verse

obrigado a entregar a vivenda ao banco, ficar sen casa e, por riba, continuar coa débeda

pendente coa entidade bancaria é o colmo das inxustizas.

O Goberno anunciou que a lexislación aprobada supoñía a grande solución para o

problema, cando na realidade ficou na metade do camiño por non atreverse a lexislar

máis claramente pola presión das entidades financeiras. O código de boas prácticas é un

fracaso rotundo como xa denunciara naquel intre o BNG.

Na opinión do Grupo Parlamentar do BNG aproveitar, agora, un resquicio como a

tributación para seguir afogando economicamente ás persoas que non tiveron máis

remedio que acollerse á dación en pago, resulta verdadeiramente preocupante polo nivel

de insensibilidade social que o Goberno do estado demostra.

Entende o BNG que o afán recadador non debera de chegar a estes límites.

Por todas as razóns expostas, formulamos as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en Comisión:

1.- Comparte o Goberno galego que se lles reclame o abono de elevadas sumas, ás

familias que se viron obrigadas a acollerse á dación en pago, por considerar que a dación

en pago xera unha “Ganancia patrimonial?

Page 17: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2.- Considera o Goberno galego que o Goberno do Estado actúa con

obxectividade e responsabilidade social ao considerar unha “ganancia patrimonial” o

feito de entregar unha vivenda ao banco por non poder pagar a hipoteca?

3.- Considera o Goberno galego que unha familia ou persoa que entregou a súa

casa ao banco, por non poder pagala, pode refacer a súa vida si facenda lle reclama unha

tributación que pode chegar aos 10.000 €?

4.- Estaría o Goberno galego disposto a solicitar do Ministerio de facenda unha

rectificación en relación c@s galeg@ que se acolleron á dación en pago e que agora se

ven sometidos á reclamación de importantes cantidades de diñeiro, despois de perder a

vivenda ?

5.- Non considera o Goberno galego que tería sido moito mellor ter en conta a

ILP que contaba cun grande respaldo social e que solucionaría os problemas de moitos/as

cidadáns galegos que agora se atopan nunha situación lamentábel?

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2014

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Page 18: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 31/03/2014 19:26:34

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 31/03/2014 19:26:40

Page 19: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.4 22130(09/POC-003136)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

González Santín, Juan Carlos e 2 máis

Sobre as reclamacións da Axencia Tributaria a persoas que se

acolleron á dación en pagamento da súa vivenda por non

poderen afrontar a súa hipoteca

Publicación da iniciativa, 277, 23.04.2014

Page 20: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Juan Carlos González Santín, José Antonio Sánchez Bugallo e José Luis Méndez

Romeu deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,

presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión

3ª.

A Axencia Tributaria está reclamando ás familias galegas beneficiadas da dación

en pago que abonen os correspondentes impostos ao considerar que esta

operación xerou una ganancia patrimonial. Estas cantidades roldan, nalgúns

casos, os 10.000 euros. Deste xeito, só na área de Vigo se poderían ver

prexudicadas este ano decenas de familias e, en Santiago, segundo informan

dende a Plataforma Antidesahucios, o fisco reclamou xa o abono de tributos a un

dos afectados, aínda que a previsión é que se repita en máis casos, posto que

dende a entrada en vigor da Lei de medidas para reforzar a protección aos

debedores hipotecarios multiplicáronse as dacións de pago en Galicia.

Antes desta normativa, estas operacións eran minoritarias. Sen embargo, coa súa

posta en marcha, abriuse a posibilidade a que moitas familias, incapaces de

afrontar o pago da hipoteca e ameazadas de embargo, puidesen saldar a súa

débeda co banco, cedendo a súa vivenda.

O problema chega na declaración da renda do ano seguinte, xa que a Axencia

Tributaria esixe ás familias afectadas que tributen polos beneficios obtidos no

Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. É dicir, tómase como referencia a

diferenza entre o prezo da compra da vivenda e o importe da dación en pago,

incluído o pago da débeda, os xuros e os custos de cancelación da hipoteca

impagada. Así mesmo, tamén teñen que abonar a taxa de plusvalía municipal.

O Goberno incluíu, a través dun decreto aprobado en marzo do ano pasado,

excepcións a esta tributación, liberando a aquelas persoas que se atopan no albor

da exclusión. Non obstante, na práctica, esta exención está limitada a un número

moi reducido de casos.

Page 21: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Entre as condicións para non se ter que ver obrigados a efectuar o pago de

tributos está que ningún dos membros da unidade familiar obteña ingresos ou que

a cota hipotecaria resulte superior ao 60 % das retribucións netas obtidas pola

familia. Tamén se lles esixe que carezan doutros bens ou dereitos patrimoniais,

que non se presentasen avais e que a hipoteca se concedese para a única vivenda

en propiedade do debedor.

Tendo en conta o anteriormente exposto, os deputados que asinan formulan as

seguintes preguntas para a súa resposta oral en comisión.

1ª) Está de acordo a Xunta de Galicia coa decisión do Goberno central de

reclamar ás familias galegas ata 10.000 euros pola dación en pago da súa

vivenda?

2ª) Ten pensado o Goberno galego emprender algunha medida para facilitar aos

afectados o pago do importe reclamado pola Axencia Tributaria?

3ª) Considera lóxico a Xunta de Galicia que Facenda inclúa como ganancia

patrimonial a entrega da vivenda á entidade financeira por non poder pagar a

hipoteca?

Pazo do Parlamento 10 de abril de 2014

Asinado dixitalmente por:

Juán Carlos González Santín na data 10/04/2014 17:07:29

José Antonio Sánchez Bugallo na data 10/04/2014 17:07:40 José Luís Méndez Romeu na data 10/04/2014 17:07:50

Page 22: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.5 22303(09/POC-003202)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

González Santín, Juan Carlos e 2 máis

Sobre as razóns do baixo grao de execución orzamentaria

acadado no exercicio económico de 2013 e as medidas para

evitar a súa repetición no exercicio 2014

Publicación da iniciativa, 282, 02.05.2014

Page 23: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Juan Carlos González Santín, José Antonio Sánchez Bugallo e José Luis

Méndez Romeu, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento

da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta

oral na Comisión 3ª.

O grado de execución nos orzamentos de 2013 xestionados pola Xunta de

Galicia, soamente cabe cualificalo como tremendamente ineficaz e

sumamente insatisfactorio.

Cando se está a atravesar unha das situacións economicamente máis

críticas, cun número de persoas en paro inaceptable e unhas necesidades

sociais cada vez máis acuciantes, resulta daniño e contrario á boa

gobernanza, que polo executivo autonómico se deixen sen executar 727

millóns de euros.

Desta contía ademais a maior parte – case que 550 millóns de euros -

corresponde aos gastos de investimento (directo e indirecto) que estaban

previstos realizar en 2013, e que se xustificaban para contribuír á loita

contra a crise económica. Así nestes gastos de capital, case que 1/3 parte do

total se deixa sen executar. Mentres que curiosamente, se procede a

amortizar anticipadamente, débeda pública non prevista nin obrigada, por

importe de case que 200 millóns de euros.

A cuestión é máis lamentable cando se observan moitos dos programas no

que a Xunta de Galicia deixou de executar as dotacións previstas:

o Promoción de emprego: non se executaron 98 millóns de euros, cun grado

de execución do 65 % soamente.

Page 24: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

o Vivenda: non se executaron 41 millóns de euros, cun grado de execución

do 43 % soamente.

o Pesca: non se executaron 146 millóns de euros, cun grado de execución do

31 % soamente.

o Desenvolvemento empresarial: Non se executaron 86 millóns de euros, cun

grado de execución do 31 % soamente.

o Actuacións ambientais: non se executaron 37 millóns de euros, cun grado

de execución do 75 % soamente.

o Dinamización económica do medio rural: non se executaron 103 millóns de

euros, cun grado de execución do 78 % soamente.

o Etc...

En suma, observase un grado de execución maior nos programas que teñen

unha alta porcentaxe dos gastos ordinarios de funcionamento da propia

administración (persoal, bens correntes, servizos, etc...), pero todos aqueles

programas que deberían ser executados para contribuír a acadar unha

mellora na situación económica e nas condicións de vida da cidadanía

galega, non logran ser executados.

Co maior paro na historia de Galicia, e cando as dotación aprobadas nos

orzamentos xa son reducíndose de xeito alarmante ano tras ano, resulta

dramático que, aínda así, se deixen sen executar máis de 700 millóns de

euros en 2013.

Por todo o que os deputados que asinan formulan as seguintes preguntas

para a súa resposta oral en comisión.

Page 25: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

1ª) Que razóns xustifican o baixo grado de execución alcanzado nos

orzamentos do exercicio do 2013?

2ª) Considera que a execución en programas fundamentais foi correcto?

3ª) Que medidas poñerá en marcha para impedir que tal situación de

ineficacia e insolvencia na xestión se reproduza no actual exercicio

económico?

Pazo do Parlamento, 14 de abril de 2014

Asinado dixitalmente por: Juán Carlos González Santín na data 15/04/2014 15:42:08

José Antonio Sánchez Bugallo na data 15/04/2014 15:42:18 José Luís Méndez Romeu na data 15/04/2014 15:42:31

Page 26: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.6 22997(09/POC-003273)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda e 2 máis

Sobre as medidas económicas e laborais que vai implementar o

Goberno galego en relación cos datos da Enquisa de poboación

activa do primeiro trimestre de 2014 referidos a Galicia e as

actuacións que vai levar a cabo para aumentar a taxa de

protección por desemprego, de xeito que se garantan unhas

condicións materiais de vida digna ás persoas que non

perciben ningunha prestación

Publicación da iniciativa, 291, 15.05.2014

Page 27: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

Yolanda Díaz Pérez, Antón Sánchez García e Juan Manuel Fajardo Recouso, membros

do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, ao abeiro do artigo 156 do

Regulamento da Cámara, presentan a seguinte pregunta para a súa resposta oral na

comisión terceira, relativa aos pésimos dados da EPA do primeiro trimestre.

Malia a onerosa publicidade que desprega o PP os dados da enquisa de poboación

activa do primeiro trimestre do ano evidencian o teimudo fracaso das políticas

austericidas, que tanto permiten grosos beneficios para banqueiros, especuladores e

grandes empresarios como o afogo material das persoas traballadoras, condenadas ao

paro, o subemprego e a salarios cada día menores e/ou de pobreza nun contexto de

recortes e privatizacións dos servizos públicos.

Os malos dados estatais fanse pésimos no que atinxe a Galicia a pesares dos

sobranceiros esforzos do goberno da Xunta para deslexitimar a enquisa e manter a súa

orwelliana versión do mundo. Non é Núñez Feijóo quen o fai menos mal da serie de

brigadas de destrución social que ten operando polo Estado o PP.

Os dados da EPA amosan como cae a poboación activa nun 1,06% respeito do 1º

trimestre do 2013; como cae o número de persoas ocupadas en case 20.000 persoas

respeito de hai tres meses; como crecen as persoas no paro en máis de 16.000 para

chegar ao borde das 300.000 persoas nesa situación, para marcar unha taxa de paro

nos varóns 23,66% e do 22,7% nas mulleres; para dispor dunha das taxas de actividade

máis baixas do Estado; en resumo, a creba dunha política errada e criminal.

Situación laboral insoportable que se combina cunha moi baixa taxa de protección por

desemprego e cuns retrasos alarmantes na concesión das axudas de emerxencia. No

noso país o debuxo é estarrecedor: só un de cada tres persoas no paro percibe unha

prestación, un 1.6% menos que no mesmo trimestre do 2013, para conformar un

enorme exército industrial de reserva de 191.878 persoas que non perciben prestación

algunha. Dados que se agravan para colectivos específicos como o dos xóvenes ou para

as mulleres.

Page 28: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

En atención ao exposto, o grupo parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda

achega a seguinte pregunta para a súa resposta oral na comisión terceira:

- Que medidas vai implementar a Xunta para rectificar de plano as súas

antipolíticas económicas e laborais que son a base material para os pésimos

dados da EPA do primeiro trimestre do 2014?

- Que actuacións vai adoptar a Xunta para aumentar de xeito urxente a taxa de

protección por desemprego, de maneira que se garantan condicións materiais

de vida digna ás 191.878 persoas sen protección por desemprego?

Compostela, 6 de maio do 2014.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. Antón Sánchez García

Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 06/05/2014 13:52:50

Antón Sánchez García na data 06/05/2014 13:53:04

Juán Manuel Fajardo Recouso na data 06/05/2014 13:53:09

Page 29: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

1.7 23203(09/POC-003298)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da demanda

ao Goberno central da xestión directa polo Goberno galego de

todos os fondos europeos que lle corresponden a Galicia

Publicación da iniciativa, 294, 22.05.2014

Page 30: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputado do Grupo Parlamentar

do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento

da Cámara, formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión

3ª do Parlamento de Galiza, relativa á xestión integral por parte do Goberno

galego dos fondos europeos que corresponden a Galiza.

Galiza, malia ser “rexión de converxencia” por ter un menor

desenvolvemento económico que a media comunitaria, sofre as consecuencias de

que os seus fondos comunitarios sexan xestionados en boa parte desde o Goberno

central, algo particularmente patente no Fondo Social Europeo e tamén moi

significativo no FEDER.

Cabe ter en conta que o Estado financia, a través dos Orzamentos Xerais

do Estado, actuacións para Galiza con fondos europeos, o que supón que na

práctica, Galiza está a perder eses fondos, posto que esas actuacións deberían ser

financiadas con fondos propios da Administración Xeral do Estado. É dicir, se o

Estado financia as actuacións do PEITT con fondos europeos, estes non están a

cumprir coa súa función de impulsar a converxencia e cohesión territorial, posto

que esta actuación xa estaba contemplada e noutros territorios financiarase en

exclusiva con fondos propios da Administración Xeral.

No período de programación 2007-2013, Galiza recibiu do FEDER ao

redor de 2.804 millóns. Desta cifra, un total de 612,75 foron xestionados

directamente polo Estado, do seguinte xeito: 405,59 correspondentes ao fondo

tecnolóxico, 199,86 millóns pertencentes á economía do coñecemento e 7,29

Page 31: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

millóns correspondentes a asistencia técnica. Isto suma un total de 612,75

millóns, o que supón unha porcentaxe do 21,7% sobre o total. Mentres o 78,15%

restante, isto é 2.191 millóns, foron xestionados entre Xunta e Estado.

No Fondo Social Europeo (FSE) a contía de fondos comunitarios foi de

936 millóns para Galiza. Deses, a loita contra a discriminación (30,86 millóns),

adaptabilidade e emprego (542,6 millóns) e asistencia técnica (4,1 millóns)

xestionáronse integramente polo Estado. O Estado xestionou en total 577,57

millóns, o 61,7%,, mentres Galiza apenas xestiona o 38,3% do FSE.

Respecto do 2014-2020 aínda están en fase de información e avaliacións

previas, co que non hai de momento estimacións de en que medida corresponderá

a xestión dos fondos a Galiza e ao Estado, porén, existen informacións que

apuntan a que se manterá unha distribución similar de fondos entre ambas

administracións.

Por último, o propio modelo de reparto e unha xestión ineficiente por

parte das administracións, provocan unha escasa porcentaxe de execución. En

marzo deste ano, o Director General de Fondos Comunitarios do Goberno

español, D. José María Piñero Campos, recoñecía que Galiza se encontraba no

grupo de comunidades autónomas con menor porcentaxe de execución dos

fondos europeos, situándose por debaixo do 60%. Días despois, o Comisario

Europeo Johannes Hann recoñeceu que ate o momento está executado en Galiza

o 63%, unha porcentaxe tamén inferior á media estatal e europea. A este ritmo

executor, é posíbel que a cantidade que finalmente quede sen executar se

aproxime aos 2.000 millóns de euros.

Page 32: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Por todo o devandito, formúlase a seguinte pregunta para a súa resposta

oral na Comisión 3ª:

Vai demandar a Xunta de Galiza ao Goberno do Estado, que Galiza

xestione directamente todos os fondos europeos que lle corresponden?

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014

Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 09/05/2014 14:09:10

Page 33: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

2. Dación de conta

Page 34: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

2.1 22869(09/IIGA-000013)

Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Información concesión préstamos Igape no 4º trimestre do 2013

Publicación da iniciativa, 290, 14.05.2014

Page 35: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)
Page 36: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)
Page 37: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)
Page 38: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

2.2 21366(09/MOP-000021)

Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Modificacións orzamentarias decembro 2013

Publicación do informe, 266, 03.04.2014

Page 39: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)
Page 40: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)
Page 41: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)
Page 42: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)
Page 43: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)
Page 44: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)
Page 45: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)

Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos

Día: 06.06.2014 Hora: 10:30

Orde do día

2.3 21729(09/IDFC-000002)

Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

Informe sobre a disposición do fondo de continxencia das

sección 5001 e 23 correspondente ao último trimestre de 2013

Publicación do informe, 269, 09.04.2014

Page 46: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)
Page 47: REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E ORZAMENTOS€¦ · Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos Día: 06.06.2014 Hora: 10:30 Orde do día 1.1 20901(09/POC-002958)