C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas...

70

Transcript of C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas...

Page 1: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

portada Brundibár [Convertido].pdf 1 03/01/17 22:28

Page 2: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns
Page 3: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

BRUNDIBÁRde HANS KRÁSA

Guía didáctica

Mercedes Blanco / Adela T. Maroño

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 1

Page 4: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Colección COÑECERSantiago, Cidade Educadora

Nº 6. Decembro 2016

BRUNDIBÁR, de Hans Krása

EditaDepartamento de Educación e CidadaníaConcello de Santiago de Compostela

Concelleiro de Educación e CidadaníaManuel Dios Díz

Coordinador da colecciónXosé M. Rodríguez-Abella Gómez

AutorasMercedes Blanco e Adela T. Maroño

DeseñoSignum D.

IlustraciónsAdela T. Maroño

ImprimeTórculo Comunicación Gráfica, S.A

Depósito legal: c 2397-2016

– 2 –

Agradecemos á Asociación de Amigos da Ópera de Santiago e ao Departamento Municipal de Edu-cación do Concello pola iniciativa que fixo posible esta publicación. E a María López, David, Alicia,Eloisa, Adela, Antonio e Juan pola súa colaboración e apoio.

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 2

Page 5: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN

2. BRUNDIBÁR E O SEU CONTEXTO HISTÓRICO

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL E O HOLOCAUSTO XUDEO

O nazismo e o antisemistismo

O Holocausto

A fin da guerra

BRUNDIBÁR E TEREZÍN

Terezín

Na actualidade

O COMPOSITOR: HANS KRÁSA

O LIBRETISTA: ADOLF HOFFMEISTER

3. O ESPECTÁCULO

ARGUMENTO

AS PERSONAXES

FICHA ARTÍSTICA

OS INSTRUMENTOS

4. ACTIVIDADES

ACTIVIDADES PREVIAS Á ESCOITA DA ÓPERA

ACTIVIDADES DURANTE A REPRESENTACIÓN DA ÓPERA

ACTIVIDADES POSTERIORES

5. DESCUBRINDO BOLBORETAS (MUSIQUEANDO BRUNDIBÁR)

6. BIBLIOGRAFÍA, DISCOGRAFÍA E VIDEOGRAFÍA

7. FONTES BIBLIOGRÁFICAS E WEBS

8. ANEXOS

FICHAS

ILUSTRACIÓNS DAS PERSONAXES

PARTICIPANTES NA ÓPERA BRUNDIBÁR

5

8

8

9

10

12

13

13

20

21

22

24

24

24

25

26

28

28

31

32

36

58

60

61

61

65

67

– 3 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 3

Page 6: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 4

Page 7: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

1. INTRODUCIÓN

O obxectivo desta guía didáctica é servir de ferra-menta para preparar ao público infantil de xeito quese achegue e descubra o mundo da ópera a través deBrundibár, pois ao coñecela e entendela mellor grazasás actividades que se propoñen na guía, poderá nonsó gozar máis da asistencia ao espectáculo, senónaprofundar en acontecementos históricos en todo unconxunto de valores.

Inclúense tres tipos de actividades: actividades pre-vias, con información sobre a ópera e o seu contextohistórico; recomendacións para gozar co espectáculoe, finalmente, actividades posteriores para traballar cosnenos e nenas confiando en que seleccionedes as quemellor se adecúen ao voso contexto ou necesidades.

O Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo quese establece o currículo da educación primaria naComunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 11establece:

Artigo 11. Elementos transversais

3. Así mesmo, a consellería competente en materiaeducativa promoverá o desenvolvemento dos valores quefomenten a igualdade efectiva entre homes e mulleres e aprevención da violencia de xénero, e dos valores inheren-tes ao principio de igualdade de trato e non-discriminaciónpor calquera condición ou circunstancia persoal ou social.

Do mesmo xeito, promoverá a aprendizaxe da preven-ción e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitosda vida persoal, familiar e social, así como dos valores quesustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismopolítico, a paz, a democracia, o respecto polos dereitos hu-manos e o rexeitamento da violencia terrorista, a plurali-dade, o respecto polo Estado de dereito, o respecto econsideración polas vítimas do terrorismo, e a prevencióndo terrorismo e de calquera tipo de violencia.

A programación docente debe comprender, en todocaso, a prevención da violencia de xénero, da violenciaterrorista e de calquera forma de violencia, racismo ouxenofobia, incluído o estudo do Holocausto xudeu comofeito histórico.

– 5 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 5

Page 8: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Cremos, por tanto, que está máis que xustificadaa presentación deste proxecto en Santiago de Com-postela, tanto polo que establece o currículo da edu-cación primaria como polo forte potencial para aeducación en valores desta ópera:

• Porque con esta obra musical o público vai gozare achegarse ao mundo da ópera, que quizais algúnneno ou nena descubra a través da música de HansKrása, compositor xudeu prisioneiro do campo-guetode Terezín. É unha partitura que sobreviviu ao Holo-causto e que foi representada polos nenos e nenas deTerezín, expresando a forza da cultura fronte ao terri-ble ambiente de inxustiza e represión existente du-rante o Holocausto.

• Porque co traballo desta ópera pretendemos, tale como prevé a LOMCE, concienciar da importanciade loitar contra todo tipo de violencia, racismo ou xe-nofobia, temas sempre de triste actualidade.

• Porque coñecer os erros do pasado axudará a nonvolver a repetilos nunca, nin nunca tampouco esque-cer aos nenos e nenas de Terezín, as súas voces, poe-mas e debuxos.

• Porque a pesar de todo, seguimos crendo nunmundo mellor e pensamos que con este proxecto,e sempre –insistimos niso– desde a máxima sensi-bilidade á hora de transmitirllelo aos nenos e nenas,podemos contribuír á loita pola paz e a non violen-cia e ao respecto polos dereitos humanos.

• Porque cremos que as persoas teñen que ser li-bres como as bolboretas que quizais imaxinarontamén voando libres os nenos e nenas de Terezín.

Esta guía está dedicada a todos os nenos e nenasque, coma os de Terezín, sufriron a inxustiza da vio-lencia e aos que hoxe en día aínda a seguen a sufrir.

– 6 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 6

Page 9: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

A BOLBORETA

A última, a definitivamente derradeira

Tan viva, brillante, enfeitizadamente amarela

Quizais se as bágoas do sol puidesen cantar

contra unha branca pedra…

Tan, tan amarela

Voando transportaba o seu resplandor tan alto

Marchou, seino porque desexaba bicar o mundo

nun adeus.

Hai sete semanas que vivo aquí

encerrado neste gueto

Pero aquí atopei a miña xente.

Chámanme os dentes de león

e as brancas candeas de castiñeiro no patio.

Somentes nunca vin outra bolboreta

Aquela foi a derradeira

As bolboretas non viven aquí,no gueto.

Pavel Friedmann (1921-1944, Auschwitz)

adapt.: Adela T. Maroño

– 7 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 7

Page 10: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

2. BRUNDIBÁR E O SEU CONTEXTO HISTÓRICO

A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL E O HOLOCAUSTO XUDEU

A Segunda Guerra Mundial comezou en 1939 eacabou en 1945. Foi, sen dúbida, o conflito bélicomáis grande da historia debido á morte masiva decivís, ao Holocausto e ao feito de que, por primeiravez, se empregaron bombas atómicas nun conflitomilitar. Ademais, desenvolveuse en case todos oscontinentes (Europa, Asia, África e Oceanía) e entodos os océanos.

A Segunda Guerra Mundial ocasionou a sobre-colledora cifra de aproximadamente 55 millóns devítimas. Neste conflito había dúas grandes poten-cias enfrontadas: os aliados (Gran Bretaña, Franciae a Unión Soviética e a partir de 1941 tamén os Es-tados Unidos) e as potencias do Eixo (Alemaña, Ita-lia e Xapón).

A Segunda Guerra Mundial foi provocada polointento da Alemaña nazi e o imperio xaponés de do-minar Europa e Asia respectivamente e ambos –Ale-maña e Xapón– foron os dous países membros máisimportantes da alianza do Eixo.

As principais causas foron que Alemaña nonaceptou as fronteiras establecidas no tratado de Ver-salles despois da Primeira Guerra Mundial. Contri-buíu tamén o descontento da poboación alemá coasituación posterior á Primeira Guerra Mundial. Nestecontexto, Adolf Hitler gañou as eleccións en 1933, fa-céndose co poder e converténdose nun ditador. O go-berno de Hitler pretendía adquirir un imperio novo,un “espazo vital”, en Europa oriental e na Unión So-viética e considerou que unha guerra en Europa eraimprescindible para alcanzar esa meta.

Alemaña invadiu Polonia o 1 de setembro de1939 desatando así a Segunda Guerra Mundial.

– 8 –

Mussolini e Adolf Hitler

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 8

Page 11: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

O nazismo e o antisemitismo

Hitler, coñecido como o Führer, “o guía”, impuxoo nazismo, tamén chamado nacionalsocialismo. Onazismo baseábase na suposición da superioridadeda raza aria (alemáns e outros europeos do norte) ea crenza de que os xudeus eran unha raza inferior.Este odio aos xudeus coñécese como antisemitismo.

O antisemitismo dos nazis era racial, pois nonvaloraban aos xudeus como persoas ou seres huma-nos individuais, senón como pertencentes a unharaza. Os racistas parten de que o comportamentohumano está determinado pola herdanza xenéticaligada a unha raza.

Na etapa comprendida entre a chegada de Hitlerao poder (1933) e o comezo da II Guerra Mundial(1939) promulgáronse en Alemaña centos de leis edecretos antisemitas e adoptáronse medidas desti-nadas a privar aos xudeus de todos os dereitos civís,no que constitúe unha das violacións máis sistemá-ticas e de maior magnitude dos dereitos humanos.

Algunhas das medidas de opresión tomadas con-tra os xudeus foron:

• Limitación da cantidade de estudantes xudeusnas escolas e universidades públicas.

• Expulsión do exército dos oficiais xudeus.

• Promulgación en 1935 das leis raciais de Nú-remberg.

• Expulsión dos veterinarios xudeus da profe-sión veterinaria.

• Prohibición aos mestres xudeus de ensinar enescolas públicas.

• Expulsión de todos os nenos xudeus das esco-las públicas.

• Prohibición da entrada de xudeus a centros desaúde.

• Peche de todas as empresas cuxos propietarioseran xudeus.

• Prohibición da venda de boletos de lotería axudeus.

– 9 –

Sobrevivintes dos campos nazis europeos

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 9

Page 12: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

• Adopción de medidas tamén contra intelec-tuais xudeus. Así, por exemplo, prohibiron aosactores xudeus interpretar papeis no teatro ouno cine.

• Prohibición de votar sobre asuntos políticos ninexercer cargos públicos. Así prohibiron taménexercer a súa profesión a xuíces, notarios, avoga-dos e fiscais.

• Confiscación de todas as radios e de obxectosde valor pertencentes aos xudeus.

• Destrución das sinagogas e saqueo dos nego-cios e propiedades dos xudeus por toda Ale-maña e Austria.

• Prohibición da saída do país aos xudeus.

• Exclusión dos atletas “non arios” das instala-cións e asociacións deportivas alemás.

• Eliminación das festas xudías do calendarioalemán.

• Creación de asociacións antisemitas e anticomu-nistas.

O Holocausto

O Holocausto foi a persecución e exterminio enmasa de todas as persoas que non eran da raza aria,principalmente dos xudeus por parte da Alemañanazi e dos seus colaboradores entre 1933 e 1945. Osnazis querían aniquilar a raza xudía, mais taménconsideraban inferiores outros grupos étnicos e po-líticos polo que os actos de opresión e asesinatotamén se estenderon a estes outros grupos aos queperseguiron e aniquilaron:

• Algúns grupos de eslavos (polacos, rusos e outros).

• Xitanos.

• Discapacitados físicos e mentais.

• Opoñentes políticos: comunistas, socialistas esindicalistas.

– 10 –

Mapa do Holocausto xudeuen Europa. Amosa a porcen-

taxe de xudeus mortos encada país ao remate da Se-

gunda Guerra Mundial

Maio de 1944. Xudeus ásúa chegada ao campo de

Auschwitz-Birkenau

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 10

Page 13: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

• Testemuñas de Xehová e clérigos cristiáns.

• Homosexuais.

• Persoas acusadas de comportamento “asocial”ou anormal.

Os xudeus en Alemaña foron obrigados a levardistintivos coa estrela de David na súa roupa paraidentificalos.

Durante o réxime nazi, establecéronse camposde concentración e os oficiais da policía e as SS le-varon á cadea aos opoñentes políticos e inimigossospeitosos do réxime, xudeus principalmente, maistamén outras vítimas do odio racial e étnico.

Creáronse guetos, campos de tránsito e campos detraballos forzados para reter e controlar a poboaciónxudía que posteriormente sería deportada cara aosguetos e centros de exterminio, onde eran asasinadasen cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns de xudeus cara a estesguetos e centros de exterminio. Para as deportaciónsempregábanse vagóns de carga selados e ateigadosde persoas que non dispuñan de servizos sanitariose aos que non se lle daban auga nin comida, poloque moitos dos deportados morrían antes de chegarao seu destino. Estes campos de concentración exis-tiron durante a Segunda Guerra Mundial ata que osxudeus foron liberados polas forzas Aliadas e rema-tou a guerra.

Durante a Segunda Guerra Mundial, o réxime nazie os seus colaboradores asasinaron aproximadamente

– 11 –

Detalle do uniforme dun prisioneiro co seucorrespondente número

Familias xudeas detidaspolos nazis en Varsovia

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 11

Page 14: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

a 6 millóns de xudeus entre homes, mulleres, nenose nenas para aniquilar a comunidade xudía. O Ho-locausto provocou grandes mudanzas na poboacióne grandes cambios territoriais, pois moitos dos su-perviventes abandonaron Europa para comezarunha nova vida en Israel, Estados Unidos e outrospaíses. Por mor do Holocausto, a maioría das comu-nidades xudías foron destruídas en toda Europa.

A fin da guerra

A guerra rematou coa victoria dos Aliados sobreas potencias do Eixo en 1945. As tropas soviéticascapturaron Berlín en maio de 1945 coa rendición in-condicional alemá o 7 de maio de 1945. A guerra noPacífico terminou pouco despois do bombardeo ató-mico sobre as cidades de Hiroshima e Nagasaki porparte dos Estados Unidos. Xapón aceptou tamén arendición incondicional, chegando á súa fin así aguerra en Asia. A rendición formal de Xapón pro-duciuse o 2 de setembro de 1945.

Algúns dos responsables dos crimes cometidos du-rante o Holocausto foron xulgados por xenocidio enNúremberg (Alemaña), en 1945 e 1946, polo TribunalMilitar Internacional, no que sería coñecido como“proceso de Núremberg”. Segundo este tribunal, o Ho-locausto foi “un crime contra a humanidade”. Os xuí-ces das potencias aliadas (Gran Bretaña, Francia, aUnión Soviética e Estados Unidos) presidiron as au-diencias dos xuízos de 24 principais criminais nazis,dos que 22 foron declarados culpables. Foron xulga-dos polos cargos de conspiración, crimes contra a paz,crimes de guerra e crimes contra a humanidade. Osxulgados alegaron como defensa que seguían ordes, oque o Tribunal Militar Internacional non considerouunha excusa válida para cometer os crimes. Esta foisen dúbida unha das ideas clave do proceso. Moitosoutros criminais nunca foron xulgados porque algúnsfuxiron de Alemaña ao extranxeiro e outros morreronou se suicidaron antes dos xuízos.

Tras a Segunda Guerra Mundial creouse a Orga-nización das Nacións Unidas (ONU), que é a maior

– 12 –

Xuízos de Núremberg1945-1946

Soldados alemáns na Segunda Guerra Mundial

O director Stuart Schulberg na estrea en

Stuttgart da película documental “Nuremberg”

de 1948

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 12

Page 15: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

organización internacional, coa función principal,entre outras, de prever futuros conflitos e manter apaz e a seguridade internacional.

O día 27 de xaneiro de 1945 foi liberado o campode concentración de Auschwitz, de aí que a Unescoestablecera ese día como o Día Internacional de Con-memoración en Memoria das Vítimas do Holocausto.

Webs:

https://www.ushmm.org/es

https://es.wikipedia.org/wiki/Holocausto

https://es.wikipedia.org/wiki/Segunda_Guerra_Mundial

http://www.unesco.org/new/es/unesco/events/pri-zes-and-celebrations/celebrations/international-days/commemoration-in-memory-of-the-victims-of-the-holocaust/

BRUNDIBÁR E TEREZÍN

• Brundibár (O abellón) é una ópera infantil.

Webs:

http://www.educacontic.es/blog/la-opera-en-un-gran-escenario-el-aula

http://www.grao.com/recursos/opera-con-ninos

http://www.educaciontrespuntocero.com/experien-cias/blogs-de-musica-para- el-aula-de-infantil-y-pri-maria/20852.html

• Brundibár é unha ópera composta en 1938 naantiga Checoslovaquia.

• Foi representada por primeira vez en 1942nun orfanato para nenos xudeus en Praga, ocu-pada naquel entón polos alemáns e capital daactual República Checa.

• En Terezín foi representada por primeira vezo 23 de setembro de 1943.

– 13 –

Cartel da ópera infantilBrundibár, 1944

Símbolo das Nacións Unidas

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 13

Page 16: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Terezín

Terezín era unha antiga cidade fortaleza fun-dada polo emperador austríaco José II no séculoXVIII. O emperador púxolle á cidade o nome dasúa nai, a emperatriz María Teresa. Co paso dotempo acabou sendo unha guarnición militar.

Durante a Segunda Guerra Mundial foi conver-tida polos nazis nun campo-gueto que funcionoucomo campo de tránsito ou “asentamento”, ao queas SS levaron certas categorías de persoas dos territorios ocupados polos nazis, por ser xudías,principalmente da antiga Checoslovaquia, Austriae Alemaña para finalmente deportalas a outros gue-tos, campos de concentración e campos de extermi-nio. Esta xente tivo que separarse á forza das súascasas, pertenzas, comodidades e tamén dos seusseres máis queridos.

A Terezín levaron xudeus maiores de 65 anos, xu-deus alemáns e austríacos veteranos da PrimeiraGuerra Mundial, así como xudeus que destacabancomo artistas, intelectuais, músicos, escritores, profe-sores e actores entre outros. Isto foi así porque os nazisquerían que o campo-gueto parecese unha “cidade bal-nearia” na que semellase que os xudeus alemáns an-ciáns podían “xubilarse con seguridade” para enganarasí a comunidade internacional. Se temos en contaque eran persoas moi coñecidas por seren destacadosartistas, a súa desaparación tería dado lugar a moitas

– 14 –

Escena final dunha representación de

Brundibár en Terezin

Terezín, na actual República Checa está a 63 km de distancia

de Praga

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 14

Page 17: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

preguntas sobre o seu paradoiro, tanto nas súas zonasde procedencia como mesmo no estranxeiro.

De aí que Terezín tivese unha función propagan-dística para os nazis. Neste contexto, e con esta claraintencionalidade, permitíuselles compoñer aos mú-sicos e promovéronse as actividades culturais, poistodo isto, crían os nazis, contribuiría ao enganosobre a vida alí. Había así unha rica vida cultural conconcertos, conferencias, lectura de poesías, obras deteatro, representacións de ópera, orquestras, gruposde cámara, jazz e mesmo había unha biblioteca conmáis de 60.000 volumes na que se prestaban libros.A música en Terezín foi moi importante para a su-pervivencia dos seus habitantes, pois o incrible foique no medio daquelas terribles circunstancias deopresión, crueldade e barbarie humana, os músicose artistas fosen capaces de reaccionar con solidarie-dade, esperanza e inspiración creando obras de ex-traordinaria beleza que compartiron con todos oshabitantes de Terezín.

En xuño de 1944 a Cruz Vermella visitou Tere-zín. Comezaban a correr por toda Europa rumoressobre os campos de exterminio e o réxime nazi per-mitiu a visita dos delegados desas organizaciónspara desmentir estes rumores cunha campaña de

– 15 –

Plano de Terezín

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 15

Page 18: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

“embelecemento” previamente pensada e trazadapolos nazis. Con este fin, comezaron a aumentar eintensificarse as deportacións dos xudeus a outroscampos de concentración para que non se vise du-rante a visita a superpoboación que había en Terezín.Ademais transformaron a cidade: crearon xardíns,pintaron as casas, limparon as instalacións, alimen-taron os nenos para que se visen sans, deron aoshabitantes roupas novas e ordes de como debíancomportarse e organizaron actividades culturaispara os representantes das organizacións. Preten-dían que todo parecese normal e Terezín unha ci-dade modelo. Así, naquela ocasión foi representadaa ópera Brundibár para os representantes das orga-nizacións nun salón construído especialmente paraesa representación e ata presenciaron, cun entusias-mado público, un partido de fútbol.

– 16 –

Un debuxo de Helga Weissová de 13 anos.

Neste debuxo conta comoos alemáns obrigábanlles arecortar as liteiras para queo barracón parecese menos

apertado e así enganar á inspección da Cruz

Vermella. Terezín

Porta de entrada á pequenafortaleza de Terezín

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 16

Page 19: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Tamén cunha función propagandística, os nazisfilmaron a película “O Führer regala unha cidadeaos xudeus”, aínda que finalmente non foi proxec-tada. Todo foi unha farsa, pois logo continuaroncoas deportacións e a vida seguiu sendo terriblepara os habitantes de Terezín tras enganar aos de-legados das organizacións.

Esa vida tamén era moi dura para os nenos enenas que habitaban Terezín. Eles vían todo o quesucedía alí: como facían traballar duramente axente, como enfermaban, como pasaban fame oucomo tremían de frío. Moi axiña eran obrigadostamén eles a traballar. Decenas de miles de persoasmorreron no campo-gueto antes de seren deporta-das, a causa da fame e das enfermidades provocadasintencionadamente polos nazis.

Pero os nenos e nenas ás veces interpretaban,axudados por artistas que tamén vivían no gueto,obras de teatro e óperas. Brundibár foi representadaen Terezín unhas 55 veces e para todos os que par-ticipaban na súa interpretación, principalmentenenos e nenas e espectadores que gozaron da súamúsica e de ver aos nenos e nenas felices duranteas representacións, foi un entretemento que llesaxudaba a esquecer por un intre a dura vida que llestocou vivir.

– 17 –

Debuxo de Ella Liebermannde 16 anos. Os nenos eranarrancados dos brazos dassúas nais. Gueto de Bedzin.Polonia

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 17

Page 20: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Os habitantes de Terezín –teñamos en conta quehabía moreas de artistas– seguiron traballando nocampo-gueto a pesar das tremendas circunstanciase escribiron, compuxeron e crearon obras de arte,mais tamén se preocuparon de educar os nenos enenas de Terezín, tratando de que levasen unha vidao máis normal posible dentro do que eles lles podíanofrecer. Unha desas persoas foi unha mestra e ar-tista, Friedl Dicker-Brandeis, que clandestinamentedeu clases de debuxo aos nenos e que lles ensinou eaxudou a expresar a través da arte os seus sentimen-tos, preocupacións e vivencias. Os nenos e nenas fi-xeron moitos debuxos e poesías, a pesar de nondispor de moitos materiais, pero os que tiñan com-partíanos e sen dúbida os aproveitaron, pois hoxeen día son unha valiosa testemuña do Holocausto.Debuxaron a súa familia, a súa vida antes de Tere-zín, e a vida alí: os concertos, os arames, o repartode sopa, os trens que chegaban e marchaban carga-dos ata o imposible con xente...

As poesías falan sobre bolboretas, paxaros… econteñen fermosas palabras como “rosa silvestre,herba, merlo, perfumes, vivir...”, mais tamén outrastristes como “medo, inimigo, chorar, dor, roña, suciasparedes, arame…”. Nestes poemas os nenos e nenasexpresaban como se sentían, porque ademais de re-flectir o seu medo –lóxico e inevitable dadas as tre-mendas circunstancias– tamén, quizais, seguirondesexando que as cousas mudasen e fosen a mellor,voando fóra dese lugar e máis alá das reixas e valoscoa súa imaxinación como calquera neno ou nena.Así podían ver flores, animais, arcos da vella, árbores,pallasos, princesas..., porque nunca, a pesar de Tere-zín, deixaron de ser nenos mentres debuxaban.

Consérvanse máis de 4000 debuxos e centos depoemas. Moitos deses debuxos poden verse no MuseoXudeu de Praga. Isto foi posible grazas a que, moi ha-bilmente, a mestra e artista que ensinou a debuxar aosnenos e nenas agachou miles dos seus deseños e poe-mas que dese xeito sobreviviron á guerra.

Tamén perviviron máis alá da guerra moitos dia-rios que escribiron nenos e nenas nos que plasmaron

– 18 –

Helga Weissová. Último debuxo realizado

á saída de Terezí�n en 1945

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 18

Page 21: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

as súas historias persoais e que, como os debuxos epoesías son testemuña da historia e do horror acon-tecido durante a Segunda Guerra Mundial e o Holo-causto. Entre outros moitos, consérvase o diario dePetr Ginz, traducido a castelán como Diario de Praga(1941-1942), escrito ao longo de dous anos por unneno xudeu ata pouco antes da súa deportación aocampo de concentración de Auschwitz, onde morreuaos 16 anos.

O 8 de maio de 1945 foi o día en que os prisio-neiros de Terezín foron liberados polo exército so-viético. En 1945 tamén se atoparon os miles dedebuxos dos nenos e nenas de Terezín. Estes debu-xos serviron como proba en Núremberg, convertén-dose nunha conmovedora testemuña plástica datremenda barbarie do Holocausto xudeu.

Estímase que aproximadamente dos 15.000 nenose nenas que pasaron por Terezín, só sobreviviron aoredor do 10%.

– 19 –

Diario de Praga (1941-1942),de Petr Ginz

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 19

Page 22: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Na actualidade

Hoxe en día Terezín segue existindo. É unha po-boación da República Checa que desgraciadamenteé coñecida sobre todo polo campo-gueto que alí exis-tiu e que se pode visitar como mostra do Holo-causto.

Unha nena supervivinte de Terezín, Dagmar Lieblová, vive aínda hoxe. Foi unha das nenas queparticipou cantando no coro de Brundibár en Tere-zín. É o recordo humano daquel horror e coa súapersoa impídenos esquecer anos tan escuros da his-toria de Europa. Na súa estadía en Santiago asistiuás representacións da ópera Brundibár no TeatroPrincipal en Santiago e no Teatro Afundación enVigo.

Webs:

Museo Conmemorativo do Holocausto dos EstadosUnidos (United States Holocaust Memorial Museum)https://www.ushmm.org/es

A música e o Holocaustohttp://holocaustmusic.ort.org/es/places/theresienstadt/

Petr Ginzhttp://www.un.org/es/holocaustremembrance/2012/un_petr_study-guide_spanish.pdf

Friedl Dicker-Brandeishttps://es.wikipedia.org/wiki/Friedl_Dicker-Brandeis

– 20 –

Un grupo de nenos enenas xudeus en Terezín

Dagmar Lieblová, supervivinte de Terezín

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 20

Page 23: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Os debuxos de nenos e nenas de Terezínhttp://www.jewishmuseum.cz/en/explore/perma-nent-collection/children-s-drawings-from-the-tere-zin-ghetto-1942-1944/

Centro checohttp://madrid.czechcentres.cz/novedades/20161217brundibarsantiago

Memorial Terezínhttp://www.memoriales.net/topographie/checos-lovaquia/terezin.htlm

Artigos xornalísticos:

http://elpais.com/elpais/2013/08/12/eps/1376325639_007346.html

http://elpais.com/diario/2006/06/11/eps/1150007211_850215.html

http://www.abc.es/cultura/20150818/abci-campo-nazi-cruz-roja-201508122201.html

O COMPOSITOR: HANS KRÁSA

(Praga 1899 – Auschwitz 1944)

Hans Krása foi un compositor xudeu nacido enPraga, capital da actual República Checa, un pequenopaís de Europa central. O idioma deste país é o checo,que procede dunha lingua eslava.

Praga, a cidade natal do compositor, está situadano corazón de Europa, na beira do río Moldava, e éunha cidade moi visitada hoxe en día debido á súaimpresionante beleza e historia. O seu casco históricoé Patrimonio da Humanidade e entre os seus museosdestacan o Museo Nacional e o Museo Xudeu de Praga.Ademais Praga ten unha gran tradición e historia musical.

Hans Krása estudou violín, piano e composiciónen Praga con Alexander von Zemlinsky. Traballou naKroll Oper de Berlín e no “Neues Deutsches Theater”

– 21 –

Hans Krása

Nenos e nenassobrevivintes de Auschwitz

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 21

Page 24: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

de Praga e tamén estudou en Francia. Compuxo mú-sica de cámara, orquestral, vocal, coral, instrumental,para ópera e para teatro.

Hans Krása compuxo a ópera infantil Brundibáren 1938 para un concurso do Ministerio de Educa-ción da antiga Checoslovaquia. Foi perseguido poloréxime nazi como outros moitos músicos, directoresde orquestra e intérpretes xudeus durante a Se-gunda Guerra Mundial e foi deportado ao campo-gueto de Terezín. Outros compositores fuxiron deAlemaña e dos seus países por seren xudeus ou benpor estaren en desacordo co réxime nazi. Por isotamén a súa música foi prohibida polos nazis, con-siderándoa “música dexenerada”. Grandes figurasda música foron prisioneiros en Terezín.

Hans Krása tivo un importante rol na vida cultu-ral de Terezín e a ópera Brundibár, representadapolos nenos e nenas de Terezín, tivo un éxito extraor-dinario. A partitura foi introducida de contrabandono campo-gueto. Malia as terribles circunstanciasque lle tocou vivir, Hans Krása seguiu compoñendo.Desgraciadamente, perdéronse varias das súas obrase Brundibár tivo que ser reescrita cunha orquestra-ción para os instrumentistas cos que contaba nesemomento Terezín.

Entre o 28 de setembro e o 28 de outubro de1944, arredor de 18.400 personas foron deportadasa Auschwitz, entre eles os compositores Pavel Haas,Hans Krása, Gideon Klein e Viktor Ullmann na noitedo 16 de outubro de 1944. Alí, no campo de concen-tración de Auschwitz, morreu Hans Krása.

Webs:

https://es.wikipedia.org/wiki/Hans_Kr%C3%A1sa

https://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Composito-res_perseguidos_por_el_nazismo#M.C3.BAsi-cos_asesinados_por_los_nacionalsocialistas

http://holocaustmusic.ort.org/es/places/theresien-stadt/krasa-hans/

– 22 –

Orquestra. Terezín

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 22

Page 25: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

O LIBRETISTA: ADOLF HOFFMEISTER (1902- 1973)

Adolf Hoffmeister é de nacionalidade checa,igual que o compositor de Brundibár, Hans Krása.Foi un dos máis importantes e salientables artistasdo século XX na vida cultural checa.

Adolf Hoffmeister foi o libretista de Brundibár,pero ademais foi un polifacético artista: prolífico ca-ricaturista, ilustrador, publicista, poeta, autor de librosde viaxes e diplomático. Como escritor, a súa obracomprende libros sobre poemas e sobre viaxes coassúas vivencias, impresións e con ilustracións propias,porque viaxar era para el unha paixón. Foi tamén undos fundadores de Devetsil, unha asociación de van-garda, principalmente de poesía e ilustración pero naque tamén se desenvolveron outras artes como o ci-nema, a escultura e a caligrafía de comezos do séculoXX, moi coñecida na antiga Checoslovaquia.

Cando comezou a Segunda Guerra Mundial tivoque ir ao exilio, como outros tantos artistas e persoasque estaban en contra do réxime nazi. Foi aos EUA ealí escribiu o libreto de Brundibár, máis tamén artigoscontra o fascismo, caricaturas políticas e A frauta docego, sobre a aldea checa de Lidice destruída por ordede Hitler polos nazis en represalia polo asasinato dunxerarca nazi. Era a súa forma de expresar a súa radicalprotesta contra o que os nazis estaban a facer.

Webs:

https://es.wikipedia.org/wiki/Adolf_Hoffmeister

– 23 –

Adolf Hoffmeister

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 23

Page 26: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

3. O ESPECTÁCULO

Argumento

Brundibár é a historia de dous irmáns pobres,Aninka e Pepicek que, preocupados porque a súanai está enferma, necesitan mercar leite segundo asrecomendacións do médico. Van ao mercado, ondevenden os seus produtos a un xeadeiro, un pana-deiro e un leiteiro, mais non teñen cartos. Entónven como Brundibár, o organilleiro (na nosa versiónun acordeonista), toca con éxito e deciden imitaloe cantar eles tamén unha canción sobre ocas. Peroisto enfurece a Brundibár e aos cidadáns, que osbotan da praza.

No segundo acto, e despois de que os irmáns pa-sasen a noite na rúa, aparecen un pardal, un gato eun can que axudan aos irmáns avisando aos nenosda vila que, cantando unha fermosa canción de berce,conseguen reunir os cartos para mercar o leite.

Brundibár, entón, alporizado pola competenciados nenos, decide roubalos, pero de novo, todos uni-dos, os nenos e os animais, conseguen atrapalo e re-cuperar os cartos, cantando un himno de triunfosobre o tirano Brundibár co que remata felizmentea ópera.

No personaxe de Brundibár pode verse a figurade Hitler, e o feito de que sexa vencido polos nenose nenas confire á obra unha grande forza simbólicaque sen dúbida contribuíu ao seu gran éxito.

As perxonaxes

• Pepicek

• Aninka –a irmá de Pepicek–

• Brundibár –organilleiro (na nosa versión unacordeonista)–

• Xeadeiro –vendedor de xeados–

• Panadeiro

• Leiteiro

• Garda

– 24 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 24

Page 27: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

• Pardal

• Gato

• Can

• Coro

Ficha artística

Título: Brundibár

Ópera para nenos en dous actos

Música: Hans Krása (1899-1944)

Libreto: Adolf Hoffmeister (1902-1973)

Tradución ao galego: Katerina Vlasakova, Centro deLinguas Modernas (CLM) da USC, 2016

Revisión do texto traducido do checo ao galego: Ser-vizo de Normalización Lingüística (SNL) da USC,2016

Adaptación do texto: Fernando Reyes Ferrón e Cán-dido Pazó

Narración: Cándido Pazó

Intérpretes: Escolanía da Catedral de Santiago deCompostela

Dirección de coro: José Luis Vázquez López

Xoven Orquestra Praeludium

Dirección musical: Mateo Iglesias Seoane

Escenógrafo: Carlos Alonso

Iluminador: Afonso Castro.

Lugar: Teatro Principal de Santiago de Compostela

Representación: Sábado 17 de decembro ás 20:00 h

Duración: 37 minutos

Organiza a Asociación de Amigos da Ópera de San-tiago de Compostela en colaboración co Departamentode Educación e Cidadanía do Concello de Santiago.

– 25 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 25

Page 28: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Os instrumentos. O acordeón na música galega

Na ópera, os músicos/as adoitan situarse no foxo,dirixidos polo director/a de orquestra. Isto acontecenos grandes teatros de ópera, aínda que noutras oca-sións non é posible por non haber espazo suficiente.Esta é unha desas ocasións nas que a orquestra estáno escenario, o que ten a vantaxe de que ademais degozar da actuación dos nenos e nenas do coro, vensee escóitanse aos intérpretes da música dirixidos poloseu director. Isto permite que o público centre máisa súa atención ao poder seguir o espectáculo no seuconxunto.

A música de Hans Krása será interpretada porunha orquestra de cámara composta polos seguin-tes instrumentos: acordeón, frauta/pícolo, clarineteen Sib, trompa en Sib, guitarra, piano, violíns, vio-lonchelos, contrabaixo e percusión.

Na ópera orixinal, Brundibár é un músico (orga-nilleiro) que se gana a vida tocando o seu organillopolas rúas. Este instrumento foi moi utilizado enmoitos países de Europa e de América, tocado polasrúas para amenizar os viandantes.

Na representación de Santiago de Compostela apa-rece, no canto do organillo da ópera orixinal, un acor-deón, un instrumento musical moi empregado non sóna música popular galega, senón tamén na doutraszonas de España, de Europa e de Iberoamérica.

O primeiro acordeón foi construído en 1829polo construtor de instrumentos musicais vienés,Cyrillus Demian.

É un instrumento musical aerófono libre de in-terrupción.

Como recolle na súa páxina sobre instrumentosmusicais na tradición galega o Consello da CulturaGalega, en Galicia o acordeón aparece con relevan-cia a mediados do século XIX, pois “en 1880 enga-díuselle un segundo teclado para a man esquerdaque permitía facer un acompañamento á melodíada man dereita”, facendo isto que a gaita de fol foseparcialmente substituída polo acordeón, diminu-índo notablemente o seu uso a mediados do séculoXX. Así o pensan moitos gaiteiros e gaiteiras.

– 26 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 26

Page 29: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

En Galicia durante moito tempo o acordeón es-tivo presente en bailes e festas de moitas aldeas ga-legas, sendo un instrumento que tocaban caseunicamente os homes e ata hai ben pouco. O acor-deón diatónico ou de botóns, co que só se pode pro-ducir unha escala diatónica, é o máis antigo. O máismoderno é o acordeón piano, aínda que pode sertamén de botóns, pero que posúe normalmente unteclado semellante ao dun piano, de aí o seu nome.Este tipo de acordeón pode producir escalas cromá-ticas. Hoxe en día o acordeón é tocado tanto porhomes como mulleres, sendo un instrumento coque contan moitos grupos e que se pode aprendera tocar en moitos centros de ensino musical.

O acordeonista que participa na nosa versión deBrundibár en Santiago de Compostela utiliza unacordeón cromático de botóns que ten un sistemaque alterna na man esquerda bassetti ou estándar,co cal pode facer baixos con acordes ou levar unhamelodía que complemente a da man dereita.

Como curiosidade, deixar constancia que no Ber-klee College of Music de Boston, unha das universida-des especializadas en música máis importante domundo, un mozo músico galego, Víctor Prieto, foi oprimeiro estudante que cursou estudos de acordeón.

Webshttp://www.consellodacultura.gal/asg/instrumen-tos/os-aerofonos/acordeon-cordion/

Artigos xornalísticos

http://www.lavozdegalicia.es/lavozdelaemigra-cion/2009/09/08/0003_7956269.htm

– 27 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 27

Page 30: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

4. ACTIVIDADES

Actividades previas á escoita da ópera

Actividade de motivación inicial: charla de Dagmar Lieblová celebrada o venres 16 de decem-bro en Santiago de Compostela.

Como alternativa pódese visionar o vídeo sobrea súa vida en Youtube: Dagmar Lieblová “From Bo-emia to Belsen... And Back Again” (Czech Audio /English Subtitle).https://www.youtube.com/watch?v=QZ8aZEdQE4M

Proponse o seguinte esquema de actividades:

1.- Avaliación inicial dos coñecementos musicaisprevios dos nenos e nenas sobre a ópera.

Completar a Ficha 1 –Actividades anteriores–(Ver anexo)

Preguntar aos nenos e nenas: seriades capacesde cantar ou cantaruxar algún pequeno fragmentode ópera?

2.- Explicar que Brundibár é unha ópera infantilcomposta e representada nun contexto histórico quefai dela que sexa unha obra única de tremendo valor,non só desde o punto de vista musical e artístico,senón tamén histórico e humano.

Explicar a Segunda Guerra Mundial e o Holo-causto, aclarando os termos e o vocabulario para unhamellor comprensión e axeitado coñecemento do tema.

Para explicar a ditadura e a democracia, reco-mendamos estes libros ilustrados que pertencen ácolección Libros para mañana galardoada co presti-xioso premio Bologna Ragazzi Award na categoríade non ficción.

VV.AA. (2015). Así es la dictadura. Valencia: Edi-torial Media Vaca.

VV.AA. (2015). Cómo puede ser la democracia.Valencia: Editorial Media Vaca.

A continuación poderase iniciar unha conversacos nenos/as a través de preguntas que fomenten aparticipación, a reflexión e o espírito crítico.

– 28 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 28

Page 31: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

– 29 –

• Na actualidade hai algún conflito ou guerra?

• Cales son as causas?

• Que se está facendo para acabar coas guerras?• Quen o fai? Como?

• Que organizacións coñeces que se preocupendos dereitos humanos? E polos dereitos dosnenos e das nenas?

• Cres que seguen sendo necesarias? Por que?

• Que poderiamos facer para acabar coas guerras?

• Sabes se segue perseguindo hoxe nalgún paísdo mundo, os opositores políticos?

• Sabes se hai xente que teña que abandonar osseus países de orixe a causa das guerras ou daopresión e fuxir? Quizais tes escoitado algosobre os refuxiados…

• Seguen existindo ditaduras? En que países?Cres que cambiaría a túa vida cunha ditadura?Sabes se aquí en España houbo algunha dita-dura? Cando?

Para fomentar o interese pola procura de informa-ción, pódese pedir aos nenos/as que pregunten ás súasfamilias, que traian algún libro que lesen sobre otema, algunha noticia publicada nun xornal…, e quecompilen información en distintas fontes ou inda-gando na web, para posteriormente poñela en común.

3.- Facer unha lectura do texto de Terezín ou ex-plicar a vida en Terezín. Pódese facer unha lectura envoz alta dalgunha das poesías escritas polos nenos deTerezín e tamén dalgún pequeno fragmento dun dia-rio, acompañado todo isto dun visionado dos debu-xos e poesías.

Establecer despois unha conversa a través depreguntas para fomentar a participación, a boa com-prensión e interpretación da información sobre Te-rezín, así como a reflexión e o espírito crítico.

Algunhas preguntas:

• Que é un gueto?

• Por que Terezín era tamén coñecido comocampo-gueto de tránsito?

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 29

Page 32: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

• Onde está o campo-gueto de Terezín?

• Por que foi creado? Quen o ideou? Cando?

• Quen foi levado alí? Por que motivo? Como oslevaban? Quen os levaba? Cres que ese era unmotivo para levar a Terezín a esas persoas?

• Que tipo de persoas foron levados alí?

• Que organización internacional visitou Tere-zín? Por que motivo? Cres que era necesaria esainspección?

• En que consistiu a campaña de embelece-mento? Que fixeron os nazis para enganar aosdelegados e delegadas das organizacións? Con-seguírono?

• Hoxe en día, cres que seguen a ser necesariasesas organizacións, ou outras que cumpran fun-cións similares? Por que? Coñeces algunha?

• Que tipo de actividades culturais había en Te-rezín? Por que había tantas?

• Quen axudou aos nenos e nenas de Terezín a re-presentar óperas? Isto supuxo algo para eles? Epara as outras persoas que asistían ás represen-tacións? Os artistas foron solidarios? Por que?

• Sobre que escribían e debuxaban os nenos enenas de Terezín? Quen lles ensinou? Por quelles daban clases de debuxo? Só para que che-garan a ser grandes artistas? Ou para algo máis?Esto axudou aos nenos e nenas de Terezín?

• Cres que é importante axudar a que os demaisse sintan ben e felices ou, no caso de Terezín, apolo menos non sentirse tan mal? Cres que osartistas axudaron aos prisioneiros de Terezín?Como? En que?

• Como pensas que se sentiría a xente que habi-taba Terezín?

• Cando deixou de funcionar o campo-gueto deTerezín?

4.- Visionado do making-off incluído no blog Can-tando e contando realizado sobre a ópera.http://cantandoecontando.blogspot.com.es/

– 30 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 30

Page 33: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

5.- Visionar pequenos fragmentos de vídeos daópera para coñecer as personaxes e familiarizarsecon ela. Pedir aos nenos/as que identifiquen as per-sonaxes, os instrumentos e as voces.

Facer fincapé, ao identificar os instrumentos, quena versión da ópera que se presentou en Santiagonon aparece un organillo, senón un acordeón.

6.-Facer a lectura colectiva sobre o texto DescubrindoBolboretas (Musiqueando Brundibár) repartindo aspersonaxes. Esta actividade axudará a que cando sevexa o espectáculo se poida seguir mellor a ópera aocoñecer o argumento.

7.- Buscar nun dicionario ou na web vocabulariopropio da ópera Brundibár para comprendela me-llor, tanto o propiamente musical como o contextohistórico:

Da ópera

Ópera, aria, libreto, coro, voces brancas, violín, vio-lonchelo, contrabaixo, acordeón, órgano, pícolo, cla-rinete, trompa, guitarra e piano.

Do contexto histórico

Gueto, brazalete, Holocausto, xudeu, ditador, racismo,antisemitismo, nazismo, nazi e exilio.

8.- Recordar as normas na asistencia ás representa-cións musicais.

Actividades durante a representación da ópera

Chegar puntuais, coller o programa e sentar nositio correspondente, acomodándose antes de come-zar o espectáculo para evitar molestar o resto do pú-blico unha vez que comece o espectáculo.

Recordar que é importante ler o programa poisten información sobre o espectáculo que van ver.Débese evitar xogar e facer ruído co papel do pro-grama e ser o máis coidadoso posible para non mo-lestar durante a representación ao resto do públicoe aos intérpretes.

– 31 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 31

Page 34: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Unha vez que comece a representación a escoitaserá activa pero respectuosa e en silencio. Isto queredicir que deben estar moi atentos a todo o quevexan e escoiten: aos intérpretes, tanto instrumen-tistas como cantantes; ao narrador e ao espectáculoen xeral.

Débese evitar falar e facer comentarios durantea representación e deixalos para o final, xa que po-derían molestar tanto ao público que vai ver e es-coitar o espectáculo como aos intérpretes que sepoden desconcentrar cos nosos ruídos ou comenta-rios. Así mesmo lembrar que detrás deste espectá-culo hai un traballo moi grande de moita xente quepreparou a representación e que nunca se debe es-quecer. Ademais, así en silencio, gozarase máis daópera que, en definitiva, é a finalidade de calqueraespectáculo.

Actividades posteriores

1.- Completar a Ficha 1 –Actividades posteriores– amodo de “crítica musical” sobre a ópera (Ver anexo)

2.- Establecer unha conversa a través de preguntassobre o espectáculo, para fomentar a participación,a boa comprensión, así como a reflexión e o espíritocrítico nos nenos e nenas.

Algunhas preguntas:

• Que personaxes aparecen?

• Quen é Brundibár? Como é? Cres que repre-senta a alguén? A quen?

• Que querían Pepicek e Aninka? Por que foronao mercado?

• Que alporiza a Brundibár? Tiña razóns paraiso? Cres que actuou ben?

• Quen axudou a Pepicek e Aninka?

• Cres que Pepicek e Aninka sentiron medo nal-gún momento?

• Como conseguiron os cartos? Como atraparona Brundibár? Cres que a unión e o feito de que

– 32 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 32

Page 35: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

actuasen xuntos tivo algo que ver en que con-seguisen os cartos? E se non tivesen actuadoasí? Conseguirían o mesmo? É importante o tra-ballo en equipo? Que valores representan estaspersonaxes?

• Como acaba a ópera? Por que cres que vencenos que vencen? Por que pensas que o conseguen?

• Cal é a mensaxe que transmite esta ópera?

• Esta mensaxe cres que significaba algo para osnenos e nenas de Terezín que a representaban?E para o público que asistía ás representacións?Por que?

3.- Facer unha redacción ou breve escrito sobre o es-pectáculo. Pódense dar algunhas ideas ou pautaspara que cada quen escolla libremente o que quereplasmar.

Algunhas ideas:

O espectáculo: narrador, coro, orquestra, persona-xes, vestiario, escenografía, comportamento e acti-tude na asistencia ás representacións musicais…Comentar se che gustou a ópera, se che gustaría vol-ver a escoitala e coñecer outras óperas, se foras nal-gunha ocasión, se recomendarías ver esta a alguéne o motivo.

• A obra: o compositor, o libretista, onde se re-presentou durante o Holocausto, quen a repre-sentou e o que significou para os nenos e nenasde Terezín.

• A narración.

• As personaxes.

• Os/as instrumentistas e os instrumentos.

• O argumento.

• O que máis me gustou e o que menos.

• Foi importante para ti coñecer e ir á represen-tación desta ópera? Descubriches algo con estaópera ou significou algo para ti?

– 33 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 33

Page 36: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

4.- Facer debuxos sobre a ópera. Ao igual que nasredaccións, dar ideas, opcións ou pautas para quecada un/ha escolla libremente o que quere debuxarsobre o espectáculo.

Estes debuxos poden ir acompañados dun brevetexto a modo de comentario.

Algunhas ideas:

• Debuxa a escena que máis che gustou da ópera.

• Unha personaxe ou as personaxes da ópera.Gustoume porque…, é a miña personaxe favo-rita porque…

• Os instrumentos que aparecen na representa-ción. Un instrumento que che gustara en especial.

• O espectáculo en xeral.

5.- A partir do texto “Descubrindo Bolboretas (Mu-siqueando Brundibár)” repartir as escenas entre osnenos e nenas e ilustrar Brundibár. Engadir taménun breve texto correspondente a cada escena.

Ilustrando Brundibár:

• Con todos os debuxos facer o libro ilustradosobre Brundibár. Contará cunha sección ondeo lector poderá expresar a súa opinión, impre-sións e reflexións libres, pero de xeito semprerespectuoso, sobre esta ópera.

• Tamén se pode facer unha exposición de Brun-dibár ilustrado ampliando os debuxos.

• Outra opción é facer unha presentación enpower point co libro ilustrado para posterior-mente visualizalo e acompañalo dalgúns frag-mentos musicais da ópera.

6.- Traballo en equipo:

Buscar información ou indagar na web sobre organi-zacións que defenden os dereitos humanos para facerunha presentación para os outros compañeiros/as.

Elaborar carteis ou power point coa seguinte pro-posta que os propios nenos e nenas poden ampliarachegando outros diferentes:

– 34 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 34

Page 37: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

• Por que nunca máis unha guerra?

• Por que nunca máis o Holocausto?

• Por que non ao racismo?

• Por que non á ditadura?

• Por que non á xenofobia?

• Por que non á violencia?

• Por que si á igualdade?

• Por que si á pluralidade?

• Por que si ao pluralismo político?

• Por que si á tolerancia?

• Por que si á xustiza?

• Por que si á democracia?

• Por que si á liberdade?

• Por que si ao respecto polos dereitos humanos?

• Por que si á solidariedade?

Facer un desfile coas parcartas, carteis ou unha pro-xección dos power points e recitar ou cantar todosxuntos o “Va pensiero” (“Voa pensamento” ), daópera Nabucco, de Giuseppe Verdi.

7.- Facer un texto escrito coas palabras: guerra, opre-sión, racismo, ditadura, democracia, tolerancia, xus-tiza, liberdade, igualdade, solidariedade, unión,cultura, música, antisemitismo e paz, expresando osteus desexos dun mundo mellor no que non se repi-tan os erros do pasado. Pode ser unha historia quete inventes, un conto… Acompañar a historia de sím-bolos positivos que representen estas palabras.

– 35 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 35

Page 38: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

5. DESCUBRINDO BOLBORETAS

(Musiqueando Brundibár)

Esta parte do proxecto pretende achegar a óperainfantil Brundibár dun xeito lúdico e sinxelo ásnosas aulas, adaptando lixeiramente os textos paraa súa representación, seleccionando os fragmentosmusicais máis doados de interpretar e suxerindo ou-tras audicións para acompañar a súa narración, benpara cantar, instrumentar ou coreografar.

O obxectivo é que poida ser traballada ou inter-pretada en calquera aula, quedando ao criterio doprofesorado unha adecuada selección dos materiaissegundo as características de cada grupo, ou traba-llada, se é o caso, no seo das familias do xeito máissinxelo posible. Por outra banda, os contidos buscanachegarse do mellor xeito á nosa realidade próxima,á de Galicia, a do noso Concello…

Os materiais complementarios para acompañara representación: gravacións dos fragmentos musi-cais para escoitar ou ben para interpretar con acom-pañamento a modo de karaoke, partituras coas súastraducións ao galego e demais materiais de apoio,atópanse aloxados no blogue Cantando e contando:http://cantandoecontando.blogspot.com.es/

Tanto as ilustracións incluídas na guía, da imaxeda Praza de Abastos de Santiago de Compostela (quepode funcionar como escenario) como os personaxesda ópera, poden ser recortados para escenificar en mi-niatura, descargando as imaxes do antedito blogue.

As chamadas asignadas a letras correspóndensecon contidos e actividades relacionadas co texto(ANEXO CONTIDOS).

As chamadas asignadas a números correspón-dense con enlaces ás audicións suxeridas para cadamomento (ANEXO AUDICIÓNS COMPLEMENTARIAS).

As partes rimadas incluídas no conto (en letramáis pequena) correspóndense á adaptación daópera Brundibár. Os textos en cursiva sinalan aspartes susceptibles de seren cantadas por nenos dePrimaria pola súa menor dificultade. Materiais re-lacionados atópanse aloxados no citado blogue Can-tando e contando.

– 36 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 36

Page 39: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

A BOLBORETA

A última, a definitivamente derradeiraTan viva, brillante, enfeitizadamente amarelaQuizais se as bágoas do sol puidesen cantarcontra unha branca pedra…Tan, tan amarelaVoando transportaba o seu resplandor tan altoMarchou, seino porque desexaba bicar o mundonun adeus.Hai sete semanas que vivo aquíencerrado neste guetoPero aquí atopei a miña xente.Chámanme os dentes de leóne as brancas candeas de castiñeiro no patio.Soamente nunca vin outra bolboretaAquela foi a derradeiraAs bolboretas non viven aquí,no gueto.

Pavel Friedmann (1921-1944, Auschwitz) adapt.: Adela T. Maroño

– 37 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 37

Page 40: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

DESCUBRINDO BOLBORETAS(Texto e adaptación: Adela T. Maroño)

Aquela tarde Aldara paseaba saltaricando ale-gremente por riba de todos os petoutos e matoguei-ras que se lle cruzaban no camiño mentres agarrabafortemente coa súa manciña a manciña do seu pai.De súpeto soltouse e correu emocionada ata a beirado camiño:

—Papi, papi! Unha bolboreta…vou collela!

A voz do seu pai soou coma un estoupido nomedio do val:

—Noooon!!!!

E Aldara xemeu sobresaltada:

—Por que me berras? Non lle ía facer dano… sóquería collela para levala para casa e que fose amiña amiga…

—Pero Aldara… —consolouna papá agarimandoa súa inqueda cabeciña. As bolboretas non selevan para casa, pásalles coma as almas doshomes, que cando as prenden, esmorecen.

—Por que, papá?

—Porque precisan voar e ser libres para vivir.Se a colles coas túas manciñas quitaraslles o pomiudiño que recobre as súas ás, unha morea deescamas pequechiñas que é o que lles dá as súascores, as axuda a voar para agocharse dos peri-gos, alimentarse ou atraer outras bolboretas. Sea colles pode que rompan as súas ás e non po-derá voar nunca mais. E as bolboretas, candonon poden voar, morren…

—Non papi, eu non quero que morran…

(A)

—Seino, Aldara. Vouche contar un contiño dealgo que sucedeu non hai moito –malia que a al-gúns llelo pareza…–, un contiño de cando a avoaera pequena. Daquela moitos nenos coma tiforon levados a unha cidade que, para eles e

– 38 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 38

Page 41: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

para moitas persoas máis converteuse nun pesa-delo, nun cárcere do que a maioría desaparece-rían para sempre.

(B)

—E non volveron saber deles nunca máis?

—As persoas ás veces desaparecen das nosasvidas pero o importante é que non desaparezandas nosas cabezas e dos nosos corazóns. Esesnenos viviron situacións que nunca debería vivirningún neno. Por iso debemos coñecer as súashistorias e as doutros que tamén hoxe en díaestán a sufrir as consecuencias das guerras e asdesigualdades.

(C)

—E por que os encerraron? Portábanse mal?

—Non, ruliña, non. Portábanse ben. Os que seportaban mal eran os que os encerraban e rexei-taban por velos diferentes.

—A profe di que non debemos rexeitar a nin-guén por velo diferente, que temos que xogar eser amigos de todos. Papi,… eses nenos non po-derían xogar se estaban encerrados, non si?

—Non, Aldara. Si que xogaban porque os nenosnunca deixades de xogar. Tamén facían debuxos,poemas e incluso actuaban… Fixeron unhaópera.

—-Ópera? —estrañouse Aldara.

—-Si, unha ópera, unha actuación de teatro conmúsica e cancións. Nela contaban e cantaban ahistoria de dous irmanciños que loitaron porconseguir salvar á súa naiciña enferma.

—Conta, conta…

— · · · · —

– 39 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 39

Page 42: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

ACTO I

Aniña e Pepiño deambulaban tristeiros pola praza do mer-cado (D). Nas súas cabezas tronaba o eco das terribles pala-bras que o doutor pronunciara aquela noite mentres lletomaba a febre á súa nai:

CORO CANTA

Ergueuse quedo o doutorPara curar deu a súa opinión:Ela precisa repousarleite teredes que lle dar

ANIÑA —Como imos conseguir leitiño para que curemamá?

PEPIÑO —Papá marchou á guerra e non temos un pesiño…

ANIÑA E PEPIÑO —Que faremos? Matinemos…

Mentres, a praza do mercado íase enchendo aos poucosdos pregóns dos vendedores e da xente da vila

XEADEIRODe vainilla, fresa ou piña,amorodo ou variadosQuen me compra estes xeados?De limón ou de turróntodos gustan un montón.Non quededes sen probalosCompren todos meus xeados!

CORO CANTAXa chegou coas lambetadasas mellores, as xeadas (bis)

PANADEIROTraio pan, son panadeiro,boliños pra quen os queira,redondiños, ben tenriños,pan de hoxe ben fresquiñode millo, trigo ou centeoPra que quededes ben cheos!

CORO CANTADa mellor panaderíavéndanos mercadoría (bis)

– 40 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 40

Page 43: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

LEITEIRA (E)Leite, leite,Leite frescoDo mellor,probade un poucoUn groliño ou un “cuartillo”han tomar papás e fillos!

CORO RECITADOVéndanos manteiga, queixo,requeixo e leite fresco.Mais a estes irmáns primeiroporque non teñen diñeiro.

ANIÑA E PEPIÑONosa naiciña está enfermaaxúdenos dona leiteiraLeite temos que lle darpara que poida sanar

LEITEIRA CANTAPara non enfermaro doutor falaMais para estar sansleite fai falla

CORO CANTALeite fresco e ben baratoBotade no balde os cartos!Mais de balde non hai tratonon hai leite nin para o gato

ANIÑA E PEPIÑO CANTANMoito leite, tes leiteiro,moito pan o panadeiro,ricos xeados os xeadeiros,mais nós non temos diñeiro

Déanos leite, señor,pedímosllo, por favor…

GARDALeite tráenos o leiteiropan enforna o panadeiroricos xeados o xeadeiro mais vós non tendes diñeiro.Se algo queredes mercar

– 41 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 41

Page 44: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

terédelo que pagarse alguén quere ben gozarantes ten que traballar.

PEPIÑOAniña, non temos cartos para pagar o leite… Que ha de serda nosa mamaíña?

ANIÑAA xente dá cartos a cambio de algo. Que podemos facer nósque os valla?

PEPIÑO Atende ao acordeonista, todo o mundo lle dá algunha dá-diva…

(1)

Aniña e Pepiño observan como a xente baila ao son quetoca o acordeonista Brundibár, que en checo significaabellón (F).

ANIÑA

Pois…se pagan por tocar…

Darannos a nós por cantar!

ANIÑA E PEPIÑO

Primeira canción

Ocas do meu curralseica o vento as levouVímolas emigrar?porque o outono chegouRebule Brundibár:“Ocas, por que marchar?”Se as ocas teñen frío oforno é seu fogar.

ANIÑASemella que non lles gustou

PEPIÑOÉ que o final é bastante terrible…

ANIÑAPois cambiaremos o conto!

– 42 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 42

Page 45: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Segunda canción

Sulcando os ceos vaie saudando coa mannun gran paxaro griso capitán Novak.Cando as nubes do ceoata el ve chegarcoa hélice prateadavai agarimar.Ando a mirar o ceoneste meu camiñar,paxaro quero sere nun intre soñarQuero ser un avión,un tren e viaxarcal capitán Novaklibre…quero voar

—Papi, que cantiga tan bonita!

—Gustouche, non si Aldara?

—Gustoume si, porque eu tamén querería viaxarde maior e voar libre coma unha bolboreta.

—Alégrame que che guste, tamén lles gustou aosnenos e nenas que había na praza, mais os maio-res continuaron escoitando ao acordeonista eAniña e Pepiño puxéronse moi tristes, non enten-dían por que aos maiores non lles gustara a súacanción e si a daquel cantamañás barulleiro (é queás veces pasa que aos nenos e aos maiores non nosgustan as mesmas cousas) e tampouco sabían queargallar para chamar a atención da xente e así po-deren gañar os cartos que precisaban para que cu-rase a súa naiciña. E sabes que fixeron?

—Pois non.

—Comezaron a arremedar a Brundibár que, moienfadado e apoiado polos vendedores do mercado,berroulles. Aniña e Pepiño, arrepentidos, ficaronnun recunchiño mentres Brundibár, presumido,ocupaba cantando toda a praza para el só.

– 43 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 43

Page 46: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

(2)

BRUNDIBÁR CANTA

Que xente maleducadaérache o que me faltabase fose o seu pai –pensaba–que así non se comportaban.Aquí só toco eu –lles dixen–que dos meus terreos lisquen!Todos veñen escoitarao famoso Brundibár.Ao meu ritmo todos cantan,meu acordeón lles encanta,e os que a miña arte non captanque se vaian se non danzan.Aquí veño eu mandarSon…o famoso Brundibár!

—Que malo e mandón ese Brundibár, non que-ría compartir nada!

—Si, e ademais abusaba do seu poder acapa-rando toda a praza e botando os nenos parafóra.

—A profe di que iso se chama bulling (G).

—Si, Aldara, é algo moi feo co que se fai moitodano.

—E que fixeron Aniña e Pepiño?

—Pois mentres anoitecía os pobres Aniña e Pe-piño ficaron durmidos e esgotados, collidos daman nun recunchiño da praza ao tempo que tresnovos persoeiros, un pardal, un gato e un cancontemplaban compasivos a escena matinandocomo poder axudalos.

– 44 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 44

Page 47: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

PARDALPobres Pepiño e Aniñateñen doces voceciñasmeu chío vai axudara calar a Brundibár

GATOEu vexo o que outros non ven.Contade comigo tamén!

CANSon valente e fiel amigo.Contade tamén comigo!

PARDAL, GATO E CANXuntémonos para gañarao malvado Brundibár!Un gran coro xuntaremoschamando a todos os nenos,co amencer ao espertarxuntándonos imos triunfar.

(3)

ACTO II

(A cidade esperta (4). O can, o gato e os nosos protagonistasespreguízanse cos rechouchíos do pardal (5). Atendendo áconvocatoria dos animais para botar da praza o acordeo-nista, a rapazada vaise achegando).

PARDALSon as seis, abride os ollosson horas de espertar

GATOSon un pouco lacazándeixádeme durmir máis

CANErguédevos xa, rapaces,que hai moito que argallar!

PEPIÑOBos días, pequerrechiña

– 45 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 45

Page 48: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

ANIÑAO sol está a raiolar

PARDAL, CAN E GATORaparigos, escoitade,hoxe temos que axudara Aniña e mais a Pepiñoque leite deben mercar.Eles pensan que cantandoalgúns cartos han gañarpara mercar o leitiñoe curar a súa mamá.Vinde xa, xuntade as vocespra o tirano derrocarque todos xuntos cantando hanos o mundo escoitar.

CORO NENOSXa o sabemos, entendemos e alí puntuais estaremos (bis)Estaremos.

BRUNDIBÁR CANTAOla, aquí estou xa de novotraio música para todospara os ricos para os pobresdo pobo todos me oen.Co acordeón interpretandopolkas, xigas, valses,tangosninguén me arrebata o tronodestas rúas son o dono.Teño máis sona que o ZarSon…o artista Brundibár…

PARDALVinde raparigos xa!Témonos que prepararA guerra con Brundibár…Comezará

(Todos xuntos van amedrentar a Brundibár para escorrentalo)

BRUNDIBÁR CANTAFóra can, sarnoso e velloe ti, gato feo e marelo,ou deixades esta feiraou vos dou unha malleira.

– 46 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 46

Page 49: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Aquí xa abondan palabrasvelaí vai a labazadaEste can traboume un chiscono pantalón un petisco.

(Brundibár lisca e agóchase mentres os nenos se xuntan paracantar unidos e axudar a Aniña e Pepiño a conseguiren oscartos para mercar o leite).

TODOS CANTANMamaíña a arrolaro berce está a abalar,pensa no que serádo meniño ao medrar.Unha vez do niñovoará o merliño,non se pode saberonde e que vai ser delVoará, medrará, cara ao mar viaxaráOs anos pasarán…Mamaíña veráscanto imos nós medrar,con morriña quizais a infancia lembrarás.Como nos bañabascando eramos bebés,non se pode esquecera calor do teu querer.Mamaíña a arrolarao tempo está a pensar.Non te preocupes máis,que nós te imos coidar.

—Papi, eu tamén te coidarei cando sexas velliñocoma coidan Aniña e Pepiño a súa mamá.

—Grazas Aldara, o amor verdadeiro semprecoida dos que ama.

(6)

—Papi, sabes? a mestra tamén nos di que debe-mos querer e respectar as persoas maiores comaos nosos avós porque deles podemos aprendermoitas historias e cousas que non sabemos.

– 47 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 47

Page 50: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

—Claro, Aldara, a túa mestra ten toda a razón.De aprender non se acaba nunca e facelo dosnosos maiores é a mellor oportunidade de des-cubrir a nosa historia viva, contada coas alegríase as bágoas de quen a viviu, coas palabras naci-das da terra. Como di esta cantiga de berce…“agora ao medrar ides comprender cantas bágoashai nas letras do falar, prantos a lembrar”

(7)

—Gústame moito, papi, mais ponme un poucotriste.

—Pode, ruliña, porque esta cantiga cantábaa opobo xudeu durante a Segunda Guerra Mundialpara darse forza e azos ante as cousas tan tristesque lle estaban a pasar.

—Como Aniña e Pepiño?

—Si, como Aniña e Pepiño e os nenos do poboque non se renderon, cantaron e loitaron xuntospara vencer ao abusón Brundibár e deste xeitoconseguiron cumprir os seus desexos: mercar oleite para curar a súa mamaíña e algo igualmenteimportante, unirse con afouteza para defender oseu, a súa praza, os seus dereitos e así aprender avoar libres coma as bolboretas.

– 48 –

Nenos reunidos para serendeportados ao campo deexterminio de Chelmno

(Polonia)

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 48

Page 51: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

(8 e 9)

ANEXO AUDICIÓNS COMPLEMENTARIAS:

(1) Coreografía do aire de valse (do repertorio de“Os Rosales”)

https://www.youtube.com/watch?v=Ig2FxLmL2AU

(2) Coreografía: O voo do abellón de Rimsky-Korsakov.

https://www.youtube.com/watch?v=O1JrcyS5Yuk

Tempo de Melodía: O abellón

https://www.youtube.com/watch?v=GufdmEY7UkE

Maestro Minnie

https://www.youtube.com/watch?v=T_OtmTk_X4w

David Garrethttps://www.youtube.com/watch?v=d22O9B822fM

Malena Ernmanhttps://www.youtube.com/watch?v=sbQwQetKm2g

Oleg Sharovhttps://www.youtube.com/watch?v=tqlS9t_VTmA

O conto do tsar Saltán –O voo do abellónhttps://www.youtube.com/watch?v=l8MBl-AoQz0

O príncipe e o cisne ou o tsar Saltanhttps://www.youtube.com/watch?v=HMaNKhEa0H4https://www.youtube.com/watch?v=r16X2xsXEOc

(3) Cantan a “Cantiga de Berce” de Fuxan os Ventos

(4) Coreografía: “A mañá” de Peer Gynthttps://www.youtube.com/watch?v=3Gk9xfUontc

(5) Coreografía: “Paxaros do Carnaval de Saint-Saëns”.https://www.youtube.com/watch?v=yQ-vnExjvDE

(6) Canción: “All you need is love”

Beat Bugshttps://www.youtube.com/watch?v=WFFFgROJ1nQhttps://www.youtube.com/watch?v=hbaJa0Yuvjghttps://www.youtube.com/watch?v=19LadvrKznk

– 49 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 49

Page 52: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

(7) Cantan “Na lareira” (Oyfn Pripetchik)https://www.youtube.com/watch?v=yJzFKzaNbUIhttps://www.youtube.com/watch?v=qhK9CUktcPc

(8) Brundibár clip for Terezín (Secuencia final daópera Brundibár representada no campo-gueto deTerezín en 1943) https://www.youtube.com/watch?v=fMiuQfaysrE

(9) “Va pensiero” (Voa pensamento)

https://www.youtube.com/watch?v=_oGGwDftODchttps://www.youtube.com/watch?v=xOFpvHpF22k

As audicións 6, 7 e 9 entrarían ademais a formar partedun proxecto participativo que integraría unha per-formance de cara ao Día da Paz. Tanto “Oyfn Pripet-chik” (Na lareira) como “Va pensiero” foron cantadasen distintos momentos históricos como símbolos deresistencia, no caso de “Na lareira” contra a opresiónnazi e no do “Va pensiero” como himno patriótico ita-liano fronte ao dominio austríaco. Os dous fan refe-rencia aos padecementos do pobo hebreo en distintosmomentos da súa historia e os dous teñen en comúncon Brundibár que significaron para moita xenteunha esperanza de loita e liberdade. De aí a súa escollapara interpretar e coreografiar coas traducións ao ga-lego realizadas para esta ocasión de cara ao Día da Paz,30 de xaneiro, xunto coa performance das bolboretas,fío condutor desta guía e símbolo do pensamento quevoa libre de ataduras aínda nos momentos máis ad-versos.

– 50 –

Familias xudías saíndo do gueto de Cracovia con

destino a Auschwitz

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 50

Page 53: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

(9) PENSAMENTO de G. Verdi(Adaptación ao galego: Adela T. Maroño)

Pensamento, voa con ás douradasvai pousar nas praderías e cumesonde exhala o seu suave perfumeo doce aire da nosa terra natal.

Dálles ás veigas dos mil ríos a benvidasaúda as torres derruídas de idades pasadasMiña patria tan bela e perdidaoh, lembraza querida e fatal!

Harpas de ouro de máxicos fadospor que muda entre os freixos non soasa lembranza nos peitos resoaque nos fala do tempo que foi!

Cal destino dun pobo emigradoentoando no ar crus queixumes,que o alento que o espírito che infundetorne o teu padecer en virtude e amortorne o teu padecer en virtude e amortorne o teu padecer en virtude e amoren virtude e amor.

(7) “NA LAREIRA” de M. Warshawsky (Adaptación ao galego: Adela T. Maroño)

No amor da lareira daquel fogar Que se está a quecerO alfabeto aos nenos estalle a ensinar omestre e a ler (bis).

RETROUSO:Debedes lembrar, nenos aprenderque se está a ensinarque importancia ten o ler e comprender onoso ABC (bis).

Temos que ensinar,na ledicia a lerdebemos sabera sorte que ten quen se pode educar eaprende a aprender (bis).

Debedes saber, agora ao medrarides comprendercantas bágoas hai nas letras do falar, pran-tos a lembrar (bis).

Se a morriña, nenos, chega a pesarlonxe algunha vezas palabras sempre forza hanvos de dar,verbas do querer (bis).

– 51 –

Un grupo de xude�us hú�ngaros a� súa chegada a Auschwitz no verá�n de 1944

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 51

Page 54: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

ANEXO CONTIDOS:

(A) E ti, viches aquí algunha bolboreta?

Cada vez hai menos bolboretas nos nosos campos.Moitas son as causas: os incendios, o aumento da con-taminación ambiental, o quecemento global, o uso depesticidas, a expansión urbanística, a eliminación danosa flora silvestre, os monocultivos, a plantación ma-siva principalmente de piñeiros e eucaliptos, a proli-feración de muíños eólicos…, están a facer que moitasespecies de bolboretas galegas estean en risco de desaparición aínda nas zonas que constitúen as súasreservas tradicionais: Os Ancares, Pena Trevinca, OCourel, a Serra do Xistral, Fragas do Eume…

Actividade: Localiza nun mapa de Galicia as zonascitadas.

Máis o da nosa comunidade non é un fenómenoillado, supón un indicativo do risco da contamina-ción ambiental que apenas se dá onde abundan asbolboretas.

Lembra: Onde atopas ti bolboretas?

Hoxe en día existen iniciativas para promover es-pazos urbanos con flora silvestre autóctona para fa-vorecer hábitats adecuados para as bolboretas. Undeles está na Cidade da Cultura. Podes dar un paseoe anotar as especies autóctonas silvestres que alíestán catalogadas.

Nesta páxina podes atopar bolboretas fotografadasna nosa comunidade.

http://mariposasengalicia.blogspot.com.es/

(B) Vistas panorámicas do campo-gueto de Terezín

http://fcit.usf.edu/holocaust/resource/VR/TERE-ZIN.htm#SFENTER

(C) “Nenos do Holocausto”. Episodios animadosque narran seis historias reais.

Episodio 1:https://www.youtube.com/watch?v=BJTX1cZwkeQ

– 52 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 52

Page 55: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Episodio 2:https://www.youtube.com/watch?v=dkaJYG-KlvA

Episodio 3:https://www.youtube.com/watch?v=fdNrmnyOkz0

Episodio 4:https://www.youtube.com/watch?v=q3P4j1Q_HFE

Episodio 5:https://www.youtube.com/watch?v=FpxW8kXpmxA

Episodio 6:https://www.youtube.com/watch?v=Up9GUMBVaj8

(D) No mercado: A Praza de Abastos

A escena de Brundibár sitúase na praza dunha ci-dade durante a Segunda Guerra Mundial na que con-flúen feirantes e xente do pobo; a escena da nosaguía tamén quixemos situala nunha das nosas em-blemáticas prazas, a Praza de Abastos, cuxa constru-ción se desenvolve case paralelamente coa SegundaGuerra Mundial, comezándose en 1941 e rematán-dose en 1945 (data tamén de finalización desta trá-xica contenda).

A nosa Praza de Abastos construíuse no lugar do an-tigo Mercado da Cidade que data de 1873 e do quese aproveitou o lousado de granito e a muralla quelinda coa Virxe da Cerca. Hai que lembrar que o tra-zado desa rúa coincide co da antiga muralla medievalque arrodeaba en tempos a cidade de Santiago. Den-tro dos seus muros celebrábanse desde a Idade Mediamercados como o da Praza de Mazarelos (cuxa portaé a única das sete polas que se accedía á cidade queaínda se conservan) e no que se vendían, entre ou-tros, produtos que por alí entraban na cidade, e o daPraza de Cervantes, de seguro, ambos os dous, pre-cursores da actual Praza de Abastos. Nestes dousmercados podían comprarse artigos alimentarioscomo peixe, carne, viños, cereais, verduras… mentresque na contorna da Catedral atopábanse aqueles deinterese máis “turístico”, é dicir, os que mercaban osperegrinos (hai que ter en conta que nas actuais rúasdas Praterías e da Acibechería asentábanse os gre-

– 53 –

Praza de Abastos de Santiago de Compostela

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 53

Page 56: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

mios de prateiros e acibecheiros) ademais dos cam-biadores de moedas.

Actividade: Buscar información sobre o actual fun-cionamento da Praza de Abastos.

(E) Un oficio tradicional: As leiteiras

Un dos personaxes máis familiares nas nosas rúaseran as leiteiras. Elas abastecían as cidades de leite quexeralmente transportaban desde as aldeas dos arre-dores en sellas e caldeiretas a unha clientela fixa.Algunhas facían difíciles percorridos coma as leitei-ras de Carnota fotografadas por Ruth Matilda Anderson, que para vender o leite en Muros atrave-saban os montes polo alto de Porta Ventosa desdeCarnota. Máis doados eran os percorridos das leitei-ras que abastecían Santiago, xeralmente desde Mar-rozos, Figueiras, Villestro… Aínda hoxe en díapódese percorrer un tramo do chamado “camiño dasleiteiras de Villestro”, antigo camiño real que entempos utilizaban, e seguen a utilizar, os peregrinospara chegar a Santiago. Na Alameda de Santiago ér-guese en homenaxe ás leiteiras unha escultura deFernando G. Blanco.

Actividade: Localizar a escultura da leiteira da Ala-meda e buscar na rede outras manifestacións artís-ticas que as representen en Galicia.

(F) Brundibár (O abellón)

O abellón é un insecto máis grande e groso ca abella,ten un vello sedoso que recobre o seu corpo e favo-rece a polinización. Por iso, malia que non nos resultetan simpático coma as abellas, é preocupante a súaprogresiva desaparición. O abellón (como na ópera opersonaxe de Brundibár) resúltanos pouco amigable.En Galicia, debido ao seu costume de aniñar baixo asuperficie da terra asóciase coas meigas que querenfacer dano. De feito, queda reflictido no noso refra-neiro: “O que mata unha abella ten cen anos de pena”e “O que mata a un abellón, ten cen anos de perdón”.

– 54 –

A leiteira. Escultura de Fernando

G. Blanco

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 54

Page 57: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Xoga e aprende:

Abellón tamén se lle chama a unha persoa de con-versa pesada e molesta xa que así é tamén o seu zu-nido. Imitando este, tanto en Galicia como noutrascomunidades xogábase tradicionalmente ao abellón.Investiga cales son as regras do xogo e propono paraxogar cos compañeiros e compañeiras.

O zunido do abellón tamén se imitaba en Galicia enrituais funerarios. Busca na rede información sobreeste costume.

(Abellón, xogo de tres rapaces no que un, posto nomedio e imitando coas mans diante da boca o sondo abellón, tenta darlles labazadas aos outros douse, ao tempo, evitar as súas).

(G) Holocausto e bulling

Brundibár, o personaxe que dá nome a esta ópera,representa o acosador, personifica o abuso do poderfronte aos máis débiles, o autoritarismo, a falta deempatía e a vileza moral; nas representacións de Te-rezín caracterizábano con bigote, acentuando así asimilitude co ditador, Hitler. Fronte a el, Aniña, Pe-piño e os seus amigos representan os valores de so-lidariedade, compañeirismo, loita e defensa doterritorio e contorna afectiva. Nun principio sonacosados, arrecunchados, expulsados da praza nonsó por Brundibár, senón polo grupo social que oapoia, nun claro exemplo do que hoxe chamariamosun incipiente bulling. Nese punto establécese unclaro paralelismo coa situación que está a sufrir opobo xudeu, esa violencia crecente, sistemática, in-timidatoria, brutal, que conleva o maltrato ata o in-concibible, a morte, amparándose nese marcodesigual de poder onde o máis forte denigra e mal-trata o outro por ser diferente, por motivos econó-micos, sociais, étnicos, físicos…

O bulling non é un problema exclusivo das aulas,dáse sempre que unha persoa ou grupo exerzan ac-titudes prepotentes, abusivas, de control, domina-ción…, que acaben desembocando en maltrato e

– 55 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 55

Page 58: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

violencia cara outra persoa ou grupo. Deuse copobo xudeu e dáse con calquera outro xenocidio. O Holocausto non foi exclusivo do pobo xudeu,antes do comezo da guerra en Europa vivían aoredor de nove millóns de xudeus. Durante a Se-gunda Guerra Mundial o réxime exterminou a casedous de cada tres xudeus, 200.000 xitanos e aoredor de 200.000 discapacitados. Tamén foron per-seguidos outros grupos cidadáns considerados pe-rigosos para o réxime pola súa raza, ideoloxía,relixión ou conduta (polacos, rusos, homosexuais,Testemuñas de Xeová, clérigos cristiáns, comunis-tas, presos de guerra soviéticos…). Tamén presos es-pañois e galegos formaron parte dese exterminio,na súa maioría exiliados logo da Guerra Civil. Moi-tos morreron en campos de concentración coma ode Mauthausen, esquecidos polo réxime de Franco.

Actividade: Buscar datos para facer unha posta encomún sobre os galegos e o Holocausto. Sabes dealguén da túa contorna que coñeza persoas que vi-viran situacións similares? Realizar entrevistaspara facer un compilatorio de experiencias na aula.

Actividade: Buscar información sobre outros xeno-cidios: causas, localización xeográfica, número demortos..., e expoñer os resultados por grupos naaula.

Na páxina http://shoamemoriaylegado.com/etapa-desp_otrosgenocidios.html pódese atopar informa-ción sobre este tema.

Na ópera, Aniña e Pepiño, malia a súa situación dedesvantaxe e vulnerabilidade (son nenos e pobres)enfróntanse ao opresor con confianza, dando o pri-meiro paso para deixar de seren vítimas. Pero saírdos círculos da opresión non só incumbe ás vítimas,incúmbenos a todos. Precísase un labor de concien-ciación social, de educación para a paz comezandopolas familias e polas escolas. Existe hoxe en díaunha abundancia de materiais para a prevención etratamento da violencia en xeral e particularmentenas aulas. A Consellería de Cultura Educación e Or-

– 56 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 56

Page 59: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

denación Universitaria na súa páxina Educonvives.galofrece, ademais das ferramentas para desenvolver oprocedemento corrector de condutas contrarias ás nor-mas de convivencia, un protocolo actualizado para aprevención, detección e tratamento do acoso escolar.

http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal

Tamén son cada vez máis os concellos de Galiciaque están a desenvolver programas e accións desensibilización arredor destes temas.

Recoñecer calquera tipo de acoso é o primeiro pasopara combatelo. É a nosa obriga como cidadáns epara iso cómpre coñecer tanto a nosa historia comoa actualidade do mundo que nos arrodea. Agarda-mos con esta guía poñer o noso pequeno gran dearea para que os ollos dos nosos nenos nunca teñanque mirar a derradeira bolboreta.

– 57 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 57

Page 60: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

6. BIBLIOGRAFÍA, DISCOGRAFÍA E VIDEOGRAFÍA

Bibliografía

Boyne, John (2006). O neno do pixama a raias: Facto-ría K de libros, 2007.

Anna Frank (2016). El diario de Ana Frank: Susaeta.

Ginz, Petr (2006). Diario de Praga (1941-1942). Barce-lona: Acantilado.

Goldman Rubin, Susan e Ela Weissberger (2008). TheCat with the Yellow Star: Coming of Age inTerezin. Fort Collins: Holiday House.

Hassan, Yaël (2004). El profesor de música. Madrid:Edelvives, 2016.

Kushner, Tony (2003). Brundibar. New York: HyperionBook.

Leyson, Leon (2013). El niño de Schindler. Barcelona:Nube de tinta, 2015.

Pacheco, Miguel Ángel (2003). El último gigante. Ma-drid: Siruela.

Porat, Dan (2010). El niño: una historia del Holo-causto. Madrid: La Esfera de los libros, 2011.

Puig-Pey Stiefel, Déborah (2015). Las músicas de Brun-dibar. Barcelona: Edicions Bellaterra.

Thomson, Ruth (2013). Terezin: Voices from the Holo-caust. Somerville: Candlewick.

Vander Zee, Ruth (2003). A historia de Erika. Ponte-vedra: Kalandraka, 2005.

VV.AA. (1987). I Never Saw Another Butterfly: Chil-dren’s Drawings and Poems from the TerezinConcentration Camp. Tel Aviv: Schocken.

VV.AA. (2015). Así es la dictadura. Valencia: EditorialMedia Vaca.

VV.AA. (2015). Cómo puede ser la democracia. Valen-cia: Editorial Media Vaca.

Weiss, Helga (1941-1943). El diario de Helga: testimo-nio de una niña en un campo de concentración.Madrid: Editorial Sexto Piso, 2013.

Zullo, Allan (2005). Survivors: True Stories of Chil-dren in the Holocaust Paperback. New York:Scholastic.

– 58 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 58

Page 61: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Discografía e videografía

Mark Jonathan Harris; Deborah Oppenheimer; KateAmend; Judi Dench. (2000). En brazos de un extraño:El traslado de los inocentes. Ed: Warner Bross.

Rodríguez, Silvio (2006) Érase que se era. CD

Binding, Dorothee; Mirow, Benedict (2013) Refuge inmusic. Terezín (DVD-Vídeo)

Anne Sofie von Otter, Bengt Forsberg, Christian Gerha-her, Daniel Hope (2007) Terezín-Theresienstadt. CD

Robert De Cormier (1996). Brundibar and Hebrew andYiddish Folk Songs

– 59 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 59

Page 62: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

– 60 –

7. FONTES BIBLIOGRÁFICAS E WEBS

Webs

http://unesdoc.unesco.org/images/0021/002186/218631S.pdf

https://www.ushmm.org/es

https://es.wikipedia.org/wiki/Holocausto

https://es.wikipedia.org/wiki/Segunda_Guerra_Mundial

http://holocaustmusic.ort.org/es/places/theresienstadt/

https://es.wikipedia.org/wiki/Hans_Kr%C3%A1sa

https://es.wikipedia.org/wiki/Adolf_Hoffmeister

http://www.consellodacultura.gal/asg/instrumentos/os-aerofonos/acordeon-cordion/

http://www.memoriales.net/topographie/checoslova-quia/terezin.htlm

Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se esta-blece o currículo da educación primaria na Comuni-dade Autónoma de Galicia.http://www.xunta.gal/dogPublicados/2014/20140909/AnuncioG0164-050914–0005gl.pdf

Artigos xornalísticos

http://elpais.com/elpais/2013/08/12/eps/1376325639_007346.html

http://elpais.com/diario/2006/06/11/eps/1150007211_850215.html

http://www.abc.es/cultura/20150818/abci-campo-nazi-cruz-roja-201508122201.html

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 60

Page 63: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

8. ANEXOS

FICHAS

Ficha 1. Actividades previas

Que sabemos sobre á ópera?

Que é unha ópera?

Coñeces algunha ópera?

Viches nalgunha ocasión unha ópera? Onde? Fostes ver algunha vezunha ópera en directo? Onde?

Escoitas algunha vez ópera na túa casa?

Coñeces algún compositor de ópera? Coñeces algún cantante ou in-térprete de ópera?

Cres que calquera cantante pode interpreter unha ópera?

Que pensas da ópera? divírteme, abúrreme, é un xénero musical quedescoñezo e non sei se me gustaría ou non se o coñecese mellor, pa-réceme interesante, gustaríame aprender cousas sobre ópera, non meinteresa…

– 61 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 61

Page 64: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Ficha 2. Actividades previas

Completa con V (Verdadeiro) ou F (Falso)

Sobre a Segunda Guerra Mundial e o Holocausto

O nazismo ditou moitas leis que restrinxían a vida e os dereitos detodos os alemán……….

O nazismo ditou moitas leis que restrinxían a vida e os dereitos dosxudeus……….

A guerra acabou coa victoria das potencias do Eixo sobre os Aliadosen 1945……….

Tras a Segunda Guerra Mundial creouse a Organización das NaciónsUnidas (ONU), que é a maior organización internacional, coa funciónprincipal, entre outras, de prever futuros conflitos e manter a paz ea seguridade internacional.

Hoxe en día non existe a ONU……….

Sobre Brundibár e Terezín

Brundibár é unha ópera composta en 1938 na antiga Checoslovaquia

Brundibár foi representada por primeira vez en Terezín……….

En Terezín foi representada unhas 55 veces……….

Terezín foi convertida nun campo-gueto de tránsito polos nazis…....

Os nazis transformaron Terezín na chamada campaña de “embelece-mento” porque querían que mellorara a vida dos seus habitantes……….

En Terezín nunca se daban concertos……….

Os nazis transformaron Terezín na chamada campaña de “embele-cemento” porque querían enganar á delegación da Cruz Vermella.

Os nazis non conseguiron enganar aos delegados das organizaciónsque inspeccionaron Terezín……….

– 62 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 62

Page 65: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

Máis de 4000 debuxos dos nenos e nenas de Terezín sobreviviron águerra e se utilizaron como proba do Holocausto……….

Sobre o compositor e o libretista

Brundibár foi composta por Adolf Hoffmeister con libreto de HansKrása……….

Adolf Hoffmeister foi un polifacético artista, pintor, ilustrador, escri-tor e político……….

Brundibár foi composta en Terezín por Hans Krása……….

Hans Krása exiliouse……….

Ficha 2. Actividades posteriores

BRUNDIBÁR E O SEU CONTEXTO HISTÓRICO:

COMPOSITOR:

LIBRETISTA:

A REPRESENTACIÓN (Programa, argumento, narración, intérpretes,instrumentos, música, escenografía, vestiario…):

– 63 –

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 63

Page 66: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

ILUSTRACIÓNS DAS PERSONAXES

– 64 –

Brundibár

Pardal Can Gato

Pepiño Aniña

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 64

Page 67: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

– 65 –

Xeadeiro Panadeiro Leiteira

Garda

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 65

Page 68: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

PARTICIPANTES NA ÓPERA BRUNDIBÁR

O día 17 de decembro de 2016 a ópera Brundibár representouse no Teatro Principalde Santiago de Compostela e o día 18 no Teatro Afundación de Vigo.

– 66 –

ORQUESTRA PRAELUDIUM

Director: Mateo Iglesias Seoane

ViolínsMarcos Rodríguez Varela (Concertino)Gonzalo López Souto (Axuda de Concertino)Marta Sánchez VillarabideAlicia Riera MaroñoCarla Lorenzo PérezAndrés Búa FernándezBeatriz Míguez MartínezTatiana Cidrás AbalClara Ferreiro Varela

VioloncellosManuel Fernández García (Principal)Martín Herrera BarrioAdela Riera MaroñoAndrea Arrojo Otero

ContrabaixoÁngel Vidal Cortizo

FrautaMónica Rollings Sánchez

ClarineteÉrica A. Santiago Niebles

TrompetaEsteban Lemos Portillo

PianoPatricia Pallas Otero

PercusiónAlvaro Pallas Otero

GuitarraÁlvaro Iglesias Seoane

AcordeónNuno Estévez Pazó

ESCOLANÍA DA CATEDRAL DE SANTIAGO

Director: José Luis Vázquez López

Clara Alonso JeremíasElisa Andión MosqueraTeresa Andión MosqueraInés Ansede VilasElda Bello de MiguelMaría Bello de MiguelErea Caridad LadoUxía Carreira NeiraLucía Cerviño SánchezNerea Collazo CarballudeMartín Cortizo ReyCarolina Díaz MoltóIrene Fraga CuñaAna García MiguénsAlba Gómez RomeroMiriam González CasadoCandela Hervés GonzálezCayetana Hervés GonzálezAntía Lamas SánchezLara Liñares PomboBrais López BarrosClara Loureiro BlancoAna Martínez LeboránsPaula Míguez MartínezSofía O´Donnell ArceoMaría Otero AgeitosJimena Pascual RodríguezCarolina Pose JaraNuria Pose JaraXoana Quintela LemaLaura Ríos CastroMirian Ríos CastroRita Ruanova PampínAndrés Sanmartín CalvoBeatriz Santiago TenreiroÁlvaro Sevilla PérezJuana Suárez-Llanos de MeraFlavia Tenreiro BarbeitoCarlota Vázquez BasantaValerie Viadel TurjanicováRita Vieiro GonzálezAlisa Zhgenti

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 66

Page 69: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

– 67 –

Orquestra Praeludiume Escolanía daCatedral de Santiago.A ópera Brundibárrepresentouse no Teatro Principal deSantiago de Compostela 0 día 17 de decembro de 2016.

Cartel anunciador daópera Brundibár paraSantiago

Público asistente. Teatro Principal de Santiago

Guía Didáctica BRUNDIBÁR_Maquetación 1 04/01/17 01:17 Página 67

Page 70: C M Y CM MY CY CMY K - Santiago de Compostela...guetos e centros de exterminio, onde eran asasinadas en cámaras de gas. Así, entre 1941 e 1944, foron de-portados en masa millóns

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

portada Brundibár [Convertido].pdf 1 03/01/17 22:28