GOLPES 54 - NUMAX · 2018. 4. 17. · GOLPES [François Truffaut, 1959] “No mundo de Antoine”...

2
54 OS 400 GOLPES [François Truffaut, 1959] ESTREA EN NUMAX: 23.04.2018 | V.O.S.E. Les 400 coups (1959, 92’) Dirección: François Truffaut Guión: François Truffaut Elenco: Jean-Pierre Léaud, Claire Maurier, Albert Rémy, Guy Decomble, Georges Flamant, Patrick Auffay Son: Jean-Claude Marchetti Montaxe: Marie-Josèphe Yoyotte Dirección de arte: Raymond Lemoigne Música: Jean Constantin Fotografía: Henri Decaë Produtoras: Les Films du Carrosse (Francia) Distribuidora: Avalon Formato de proxección: DCP2K, 2.35:1 Idioma orixinal: Francés sinopse Con só catorce anos, Antoine Doinel non pode evitar ser testemuña tanto das liortas conxugais dos seus pais coma das esixencias dun profesor ruín. Un día, asustado por non cumprir un castigo que lle impuxo o mestre, lata á escola co seu amigo René. Sen querelo, ve a súa nai acompañada por outro home; a culpa e o medo enléano nunha espiral de mentiras que van ao pouco furando o seu ánimo. Desexando fuxir de todos os seus problemas, soña con coñecer o mar e traza con René un plano de fuga. filmografía seleccionada El amor en fuga, 1978 La noche americana, 1973 El pequeño salvaje, 1970 Domicilio conyugal, 1970 Besos robados, 1968 Jules y Jim, 1961 Tirad sobre el pianista, 1960 premios e festivais Oscar 1959 (Nomeado a mellor guión orixinal), Cannes 1959 (Mellor dirección), New York Film Festival 1959 (Mellor filme estranxeiro) «Asomarse a Os 400 golpes implica, en certo modo, redescubrir o cinema. Película máxica que é tanto un berro de rebeldía como un sopro de vida» Miguel Ángel Palomo EL PAÍS

Transcript of GOLPES 54 - NUMAX · 2018. 4. 17. · GOLPES [François Truffaut, 1959] “No mundo de Antoine”...

Page 1: GOLPES 54 - NUMAX · 2018. 4. 17. · GOLPES [François Truffaut, 1959] “No mundo de Antoine” Por Jacques Rivette Les Mistons (1957) estaba ben; Os 400 golpes está mellor. Dunha

54OS 400 GOLPES [François Truffaut, 1959]

ESTREA EN NUMAX: 23.04.2018 | V.O.S.E.

Les 400 coups (1959, 92’)Dirección: François TruffautGuión: François TruffautElenco: Jean-Pierre Léaud, Claire Maurier, Albert Rémy, Guy Decomble, Georges Flamant, Patrick AuffaySon: Jean-Claude MarchettiMontaxe: Marie-Josèphe YoyotteDirección de arte: Raymond LemoigneMúsica: Jean ConstantinFotografía: Henri DecaëProdutoras: Les Films du Carrosse (Francia)Distribuidora: AvalonFormato de proxección: DCP2K, 2.35:1Idioma orixinal: Francés

sinopseCon só catorce anos, Antoine Doinel non pode evitar ser testemuña tanto das liortas conxugais dos seus pais coma das esixencias dun profesor ruín. Un día, asustado por non cumprir un castigo que lle impuxo o mestre, lata á escola co seu amigo René. Sen querelo, ve a súa nai acompañada por outro home; a culpa e o medo enléano nunha espiral de mentiras que van ao pouco furando o seu ánimo. Desexando fuxir de todos os seus problemas, soña con coñecer o mar e traza con René un plano de fuga.

filmografía seleccionadaEl amor en fuga, 1978La noche americana, 1973El pequeño salvaje, 1970Domicilio conyugal, 1970Besos robados, 1968Jules y Jim, 1961Tirad sobre el pianista, 1960

premios e festivaisOscar 1959 (Nomeado a mellor guión orixinal), Cannes 1959 (Mellor dirección), New York Film Festival 1959 (Mellor filme estranxeiro)

«Asomarse a Os 400 golpes implica, en certo modo, redescubrir o cinema. Película máxica que é tanto un berro de rebeldía como un sopro de vida» Miguel Ángel Palomo EL PAÍS

Page 2: GOLPES 54 - NUMAX · 2018. 4. 17. · GOLPES [François Truffaut, 1959] “No mundo de Antoine” Por Jacques Rivette Les Mistons (1957) estaba ben; Os 400 golpes está mellor. Dunha

OS 400 GOLPES [François Truffaut, 1959]

“No mundo de Antoine”Por Jacques Rivette

Les Mistons (1957) estaba ben; Os 400 golpes está mellor. Dunha película á outra, o noso amigo François deu o salto decisivo, o gran paso á madurez. Como pode verse, non perde o tempo.

C’Os 400 golpes regresamos á infancia como se volvésemos entrar nunha casa abandonada desde a guerra. A nosa infancia, mesmo se ante todo se trata da de François Truffaut: as consecuencias dunha mentira estúpida, unha fuga abortada, a humillación, a revelación da inxustiza...non, non hai infancia «protexida». Ao falar de si mesmo, parece que tamén falase de nosoutros: é o signo da verdade e a recompensa do verdadeiro clasicismo, que sabe limitarse ao seu obxecto, pero ao que de súpeto vemos cubrir todo o campo de posibilidades.

A autobiografía non é un xénero moi practicado no cinema; pero non é isto o que nos debe sorprender, senón a serenidade, a moderación, a igualdade das voces coas que aquí se evoca un pasado paralelo ao seu. O Truffaut que eu atopei con Jean-Luc Godard, a finais de 1949 no Parnasse, fixera xa a aprendizaxe dos catrocentos golpes. Dou fe de que falabamos máis de cinema, de películas americanas, dun Bogart que puñan no Moulin de la Chanson, que de nosoutros mesmos, salvo por alusións:

con isto abondaba. De súpeto, unha foto permitía descubrilo tres anos antes, nun tiro ao branco de feira, como un Hossein pequeno e, apoiado no seu ombreiro,

sorrinte Robert Lachenay; ou ben as tres ringleiras ritualizadas dunha clase fosilizada.

Esta mestura de vaguidades e relampos terminaba por parecerse a verdadeiros recordos, a unha auténtica memoria. Agora estou case seguro; posto que, na pantalla, recoñecino, atopeino todo. A madalena de Proust só lle devolvía a súa infancia; pero cunha pel de plátano convertida en estrela de mar no fondo dun prato, Truffaut faino moito mellor. De súpeto, recuperamos todos os tempos, o meu, o teu, o voso, un único tempo nesa luz da infancia, para a que, por incalificábel, non encontro adxectivos.

Enténdase ben, esta película é persoal, autobiográfica, pero en ningún momento impúdica. Nada que indique trazas de exhibicionismo; Prisión (Ingmar Bergman, 1949) é tamén unha fermosa película pero doutra beleza: fermosa como Bombard sostendo o seu Paillard co brazo estirado para filmar en medio do Atlántico o seu rostro coa barba crecida. A forza de Truffaut consiste en non falar nunca directamente del, senón en ligarse pacientemente a outro mozo, que quizais se lle parece como un irmán, pero un irmán obxectivo, e someterse a este e reconstruír humildemente, a partir dunha experiencia persoal, unha realidade igualmente obxectiva, que despois filma co maior respecto. No cinema, un método como este ten un fermoso nome (e tanto peor se Truffaut non o sabía): chámase. E a proba da

verdade deste método e deste filme é a admirábel escena da psicóloga (imposíbel digamos de paso, nas vetustas condicións de realización que a toda costa quererían facernos conservar), onde a máis total improvisación perfila a reconstrución máis rigorosa, na que a confesión verifica a invención. Diálogo e posta en escena, ao remate dunha ascese discreta, desembocan finalmente na verdade do directo: o cinema reinventa a televisión e esta, á súa vez, consagra o cinema; a partir de agora xa só haberá lugar para os tres admirábeis planos finais, planos da duración pura, da perfecta entrega.

Toda a película diríxese cara a ese intre e pouco a pouco se despexa do tempo para chegar á duración: a idea de lonxitude e de brevidade, que tanto preocupa a Truffaut, parece que finalmente non ten moito sentido nel; ou quizais, pola contra, primeiro facía falla unha obsesión semellante pola duración, os tempos mortos, a abundancia tal de cortes, de roces, de fendas, para esgotar, finalmente, o tempo dos antigos cronómetros e reencontrar o tempo auténtico, o do xúbilo mozartiano (que Bresson buscou de máis para poder acadalo).

Cahiers du Cinema nº95. Maio 1959.Tradución ao castelán: Natalia RuizTradución ao galego: Xan Gómez Viñas

NUMAX, S. Coop. GalegaConcepción Arenal, 9 baixo15702 Santiago de Compostelatelf 981 560 250 | www.numax.org

DIRECCIÓN Nobuhiro Suwa ELENCO Jean-Pierre Léaud, Pauline Etienne, Maud Wyler, Arthur Harari, Isabelle Weingarten, Noë Sampy, Jean-Louis Berard, Françoise Michaud, Louis-Do de Lencquesaing, Jules Langlade GUIÓN Nobuhiro Suwa, INSPIRADO EN «Fugue en Mineur(e)» DE Pierre Léaud DIRECCIÓN DE FOTOGRAFÍA Tom Harari SON Florent Klockenbring, Emmanuel Croset DECORACIÓN Thomas Grézaud AXUDANTE DE DIRECCIÓN Inès De La Bevière MONTAXE Martial Salomon MÚSICA Olivier Marguerit

UN FILME PRODUCIDO POR Michiko Yoshitake E Jérôme Dopffer COPRODUCIDO POR Yuji Sadaï COA PARTICIPACIÓN DO Centre National de la Cinématographie et de l’Image Animée CO APOIO DA Région Provence-Alpes-Côte d’Azur, DO Département des Alpes-Maritimes EN COLABORACIÓN CO CNC E A Agency for Cultural Affairs do Goberno de Xapón UNHA COPRODUCIÓN FILM-IN-EVOLUTION, Les Productions Balthazar, Bitters End DISTRIBUCIÓN PARA ESPAÑA NUMAX Distribución

Estrea en cines 27 DE ABRIL

distribucion.numax.org/leon

Jean-Pierre LéaudPauline Etienne

O león dorme

esta noiteUN FILME DE NOBUHIRO SUWA

co protagonista d’O 400 golpes

«O mellor filme do Festival de

San Sebastián» CAIMÁN CUADERNOS DE CINE

«Un conto fantástico totalmente inesperado» Jean-François Rauger — LE MONDE

«Jean-Pierre Léaud emociona dende

o primeiro momento» Daniel de Partearroyo - CINEMANÍA

na libraría numax

Los 400 golpes. François Truffaut Avalon [BluRay]Las aventuras de Antoine Doinel Avalon [DVD]Os filmes da minha vida,François Truffaut Orfeu Negro, 2015El cine según Hitchcock, François Truffaut Alianza, 2015El placer de la mirada, François Truffaut Paidós, 1999